noticias de TV

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en xuño 2026

Chegou o verán e as novidades da televisión que che ofrecemos en R mantéñente fresco nos días calorosos. Ademáis, este verán é especialmente emocionante grazas ao grande evento futbolístico deste ano. En DAZN, poderás gozar de todos os partidos da Copa Mundial de la FIFA 2026™.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en maio 2026

O bo tempo de maio fai florecer todo, ata as estreas de televisión que che ofrecemos en R. Queres saber todo o que vén este mes? Coma todos os meses de maio, os amantes do tenis teñen unha cita en Eurosport para ver Roland-Garros 2026. Os bos contidos tamén florecen en SkyShowtime. Temos unha nova serie do universo de Yellowstone, Rancho Dutton, e unha película chea de acción que non che dará un respiro, The Running Man. O universo de The Walking Dead continúa a deleitarnos en AMC coa terceira tempada deThe Walking Dead: Daryl Dixon. E en Star Channel, coñeceremos ao ex-convicto convertido en detective, RJ Decker. E se che gustan os documentais, non perdas Un día en la historia en Canal Historia.n

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en marzo 2026

Achégase a primavera e as televisións nótano. As mellores series, películas e deportes comezan a florecer na programación da televisión que che ofrecemos en R. En marzo, hai de todo, como en rebotica. Entramos en profundidade no mundo da tecnoloxía con Day One, unha das maiores estreas da tempada en Prime Video. As mellores series e películas multiplícanse na programación. SkyShowtime dá a benvida a unha nova serie ao universo de Yellowstone: Marshals: Una historia de Yellowstone. Warner TV métese ata o fondo no intenso mundo dos hospitais con Nurses. E non podemos esquecer os Óscar, que non faltan en Canal Hollywood.