Se os teus peques andan argallando todo o día coa tecnoloxía, isto interésache. Porque os/as pequenos/as grandes xenios da casa teñen unha nova oportunidade de demostrar o seu talento e creatividade nos obradoiros crea R. Arrincamos un ano máis!

Consulta as localidades onde estaremos con crea R e tamén os obradoiros dispoñibles. Son gratuítos e a reserva, por orde de petición.

Que é crea R?

Trátase do proxecto educativo para nenos e nenas de 7 a 12 anos e exclusivo para clientes/as R.

Hai xa cinco anos puxemos en marcha esta iniciativa para fomentar a aprendizaxe e o emprendemento dos/as máis novos/as. E dende entón pasaron por estes obradoiros gratuítos máis de 3.300 participantes.

Moitos/as pequeños/as xenios que o pasaron en grande dando renda solta á súa creatividade.

Igual na túa familia tamén hai un futuro Albert Einstein ou unha futura Hedi Lamarr 😉.

Que obradoiros haberá?

taller 1 - Contos que cobran vida: para nenos e nenas de 7 e 8 anos

A través da creación con tinta condutiva, nenos e nenas aprenderán a integrar conceptos de electrónica a partir de pilas, condutores e leds. Unha vez que coñezan como funciona crearán un conto a cuxa historia engadiranlle puntos de iluminación grazas a eses elementos.

taller 2 - Sala de operacións: para nenos e nenas de 9 e 10 anos

Mediante a placa microbit e diferentes elementos electrónicos, aprenderán conceptos básicos sobre condutividade e sinais dixitais. Tamén comprenderán o concepto de curtocircuíto dunha maneira educativa e divertida, creando os seus propios “xogos de operacións” que deseñarán e programarán como prefiran.

taller 3 - Sistema de rega intelixente: para nenos e nenas de 11 e 12 anos

Baseándose en sensores de humidade, un sensor térmico integrado e unha placa controladora, aprenderán a deseñar un sistema automatizado que detecta o nivel de humidade e a temperatura das plantas para saber cando cómpre regalas.

Onde e cando se realizan os obradoiros crea R?

Polo de agora, os talleres crea R toman dun descanso. Pero atento, porque en canto teñamos novas localidades e datas, avisaremos por aquí.

Todos os talleres teñen unha duración de dúas horas: das 11:00 h ás 13:00 h.

Como podo inscribirme?

É moi fácil. Só tes que cubrir un formulario e solicitar a túa praza.

Como indicamos arriba, polo de agora non hai novas datas. En canto as haxa, non tardes en inscribirte, porque sabemos que teñen moito éxito e as prazas están limitadas a 10 participantes por obradoiro.

Lembra que son obradoiros exclusivos para clientes/as R e que se poden solicitar un máximo de dúas prazas por obradoiro.

Xa está todo preparado e estamos desexando verte un ano máis nos obradoiros crea R.

Apúntate!