Se non tiñas pensado xubilar o teu teléfono por agora, seica que as superofertas de móbilR de outubro che fagan cambiar de idea. Baixamos o prezo de 9 smartphones e xa che adiantamos que hai auténticos choios na gama alta e móbiles tirados por 1€ á semana.
Mira, mira... pero olliño porque non vai ser fácil centrarse nun só. Vas quedar birollo!
A gama alta, máis baixa que nunca
Na gama alta, neses móbiles máis ‘top’ do mercado, quixemos facer superdescontos. Ao final, son terminais, que polas súas prestacións adoitan ser máis caros; e queremos que che resulte máis doado conseguilos: Samsung Galaxy S20+ 5G, Samsung Galaxy S20 e Samsung Galaxy Note 10 Lite.
Os que máis se venden, a mellor prezo
Os móbiles que máis se venden no mercado son os que están na gama media. E agora sairanche aínda mellor de prezo con estas ofertas, que van dende 16€ a 8€ ao mes: Samsung Galaxy A71, Xiaomi Mi 10 Lite, Oppo A72 e Samsung Galaxy A21s.
Móbiles por 1€ á semana
Dependendo do número de semanas do mes, claro . Deixamos dous móbiles que están moi ben equipados a 5€ ao mes, unha ganga: ZTE Blade A7 e OPPO A5 2020.
Como ves, tes onde elixir.