Ola. Hoxe toca falar dunha ferramenta que acabamos de implantar na nosa web. Vamos, que é algo recén saído do forno e que de seguro che resulta de utilidade: trátase do autodiagnóstico de televisión.
Como sabes, hai tempo que sacamos a posibilidade de “autodiagnosticar o teu acceso de internet” para que poidas ver ti directamente que está a acontecer, se hai unha incidencia na zona ou se non che chega ben o sinal wifi porque a canle que usas está saturada, porque hai un cable frouxo…
O caso é que como funcionou tan ben e está a permitir en moitos casos unha solución rápida e directa, agora decidimos facer o mesmo pero aplicado á televisión R.
Podes facer o autodiagnóstico tanto dende o teu ordenador como dende unha tablet ou móbil grazas á nosa app. Así, se che falla unha canle, se non vai o mando a distancia, se non che vai a conexión a través de internet ou falla o rebobina, podes ver como arranxalo, xa que che indicamos as solucións máis habituais para este tipo de casos.
O mellor de todo é que podes ver os pasos a seguir en detalle, con fotos de todo o proceso. A idea, claro está, é facelo o máis sinxelo posible porque non somos técnicos
E se o problema non queda resolto, abrimos avaría, claro está. Sabemos que hai cuestións que non as pode arranxar o propio usuario, polo que nese caso o mira un dos nosos técnicos ou enviamos á túa casa a alguén por se é algo que afecta á nosa rede, cableado ou equipos.
Pero a idea é que poidas solucionar rapidamente esas pequenas incidencias que poidan xurdir, que teñas información de que as causa ou ben abrir avaría se é necesario.
Un saúdo.