Samsung lanzaba hai 11 anos a serie S, a gama máis TOP coa que lle ensinaba ao mundo todo o seu potencial. Agora, unha década máis tarde, os novos Galaxy S21 e S21+ 5G inclúen as mellores especificacións: o chip máis rápido xamais creado nun Galaxy e, sobre todo, a revolución en vídeo. E en R fomos testemuñas deste crecemento, un ano máis che ofrecemos o mellor cos mellores.

A Samsung non se lle escapou que o 2020 terminaba cunha tendencia moi clara, así que o vídeo é o protagonista dos novos Galaxy S21 e S21+ (dispoñible a partir del 22 de febrero), que xa podes comprar en R.

8K, a maior resolución de vídeo nun móbil

Reels en Instagram, Tik Tok, YouTube... o vídeo online veu para quedar. Por iso agora necesitas algo máis pro para que os teus vídeos en redes sociais non parezan moi “caseiros”. E a solución tela nos Galaxy S21 e S21+ con calidade en 8K.

É a maior resolución de vídeo en smartphones, 16 veces maior que Full HD e 4 veces máis que o 4K. A imaxe quédache moi nítida, mesmo no tamaño dunha pantalla de cine.

E desa gravación podes sacar unha imaxe fixa de resolución de 33 MPX.

Cámara de calidade profesional

Tres lentes na parte traseira, Intelixencia Artificial, modo noite para non ter que usar o flash, zoom dixital de 30X e unha chea de opcións de edición para retratos perfectos en Instagram.

  • 64 MPX cámara teleobxectivo
  • 12 MPX cámara ultra grande angular
  • 12 MPX cámara grande angular

A cámara selfie ten 10 MPX.

Móbiles resistentes

A pantalla distínguese polo tamaño, 6,7 polgadas o S21+ e 6,2 polgadas o S21; polo demais son idénticos: infinity-O display, Amoled 2x dinámico para unha imaxe moi nítida e clara, protección da fatiga ocular, cristal Gorilla Glass Victus resistente contra danos e rabuñaduras, resistente á auga e con desbloqueo facial e por pegada dactilar.

...e rápidos

O procesador de 5 nm segue o ritmo da acción para que poidas facer máis tarefas, máis rápido. A isto únense os seus 8GB de RAM e sistema operativo Android 11 (One UI 3.1).

Rápida é tamén a carga, nuns minutos tes outra vez a fume de carozo a súa batería de 4800 mAh. Aínda así, dúrache máis dun día grazas á súa nova pantalla eficiente e o procesador de baixo consumo.

Almacenamento e xogo

Para gardar no teu móbil todas as túas fotos e vídeos, sen descargar cada pouco tempo, contas con 128GB (64GB dispoñibles para usuario) no Galaxy S21 e 256GB (128GB libres) no S21+.

Nota para os xogadores: Samsung mellora o Game Booster e o modo “prioridade” para que poidas bloquear chamadas e notificacións mentres estás a xogar dende o móbil.

E un último detalle que nos parece unha xenialidade. Chámase espello de movemento e permíteche proxectar o teléfono no televisor. Así podes ver a túa táboa de exercicios ao mesmo tempo que a ti facéndoa. Para que o visualices, é isto:

Samsung Galaxy S21 y S21+, el año del vídeo

Os últimos da serie S teñen moitas papeletas para facerse co título de ‘mellor móbil do ano’. Faite xa co Galaxy S21 e Galaxy S21+ na nosa tenda móbilR.

Cóntanos, que é o que máis che sorprende dos novos Samsung?