Ata o de agora non tiveches oportunidade de visitar algunha das actividades do Festival Mar de Mares? Pois aínda restan dúas semanas antes de que se clausure este evento multidisciplinar que se celebra na Coruña dende o pasado mes de setembro.

Trátase, coma seica xa sabes, dun encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar. Xa vai pola segunda edición; tras o éxito da primeira, centrada nas ameazas que atenazan o mundo mariño, este ano estase a estudar o mar como ecosistema de beleza extraordinaria e patrimonio mundial que esixe da nosa responsabilidade para mantelo vivo. Mostras, obradoiros, charlas de expertos, investigadores e artistas déronse cita durante estas semanas na Coruña (Kiosko Alfonso, Palexco, Fundación Luis Seoane, Casa da Auga, a lonxa…).

Festival Mar de Mares

E tras todo este despregamento de medios, os organizadores, os profesionais de Crearte, xente de aquí que leva máis dunha década apostando pola cultura e a educación artística como “ferramentas inmellorables para cambiar o mundo, xerando un impacto positivo nas persoas que o habitamos”, segundo eles mesmos explican. http://creartesc.es/

Aínda podes admirar parte das bondades de Mar de Mares asistindo, por exemplo, á derradeira visita guiada por un mergullador profesional á exposición “Mergúllate en Océanos” no Kiosco Alfonso. Será o sábado 28 de novembro ás 19:00 h. Quedarás abraiado coas fotografías do que é considerado por moitos o mellor fotógrafo submariño do mundo: David Doubilet: “Temo que moitas das miñas imaxes submarinas se convertan en documentos dun universo perdido”. Con estas palabras expresaba Doubilet a súa preocupación polo perigo que corren os ecosistemas mariños e o deterioramento progresivo do medio.

Festival Mar de Mares

Xa sabes, ata finais de novembro tes pretiño aínda os mares máis fermosos do mundo. Unha oportunidade única de viaxar por eles sen moverte de aquí. Non a perdas. http://festivalmardemares.org/?lang=gl