A saída do Reino Unido da Unión Europea (“Brexit”) está a provocar moita incerteza. Se es cliente de R e vas viaxar a terras británicas en 2020, poderás chamar, enviar mensaxes e consultar o teu correo ou subir fotos dende o Big Ben coma se estiveses na casa. Mantemos as tarifas de roaming na Unión Europea para Reino Unido, así que non terás un custo adicional por facer uso de redes en itinerancia tampouco nese país.

Non queremos que leves un susto na túa factura, que xa bastante tes cos gastos da viaxe. Así que poderás usar o teu móbil coma se o fixeses en Galicia sen necesidade de ningunha xestión nin chamada, mantendo as condicións habituais das tarifas que tes contratadas. De feito, dende o 1 de febreiro as tarifas de roaming na zona “Brexit” son as mesmas que na Unión Europea.

E ti, tes pensada unha escapadiña a Reino Unido? Escríbenos un comentario e cóntanolo. E xa sabes, se tes algunha dúbida, aquí estamos para resolvela.