Cando viaxas ao estranxeiro xorden as dúbidas sobre se chamar ou navegar por internet dende o teu móbil de R é gratis no país de destino. E é normal que haxa confusión, porque o roaming non é igual en todos os países. Preguntádesnos moito polo roaming en Reino Unido. Así que imos explicarche que é o roaming, como se activa o roaming no teu móbilR, en que países é gratis o roaming e cales son as tarifas de roaming nas zonas onde si ten un custo.
Que é o roaming e para que serve
Se saes de viaxe ao estranxeiro, o teu móbil conéctase ás redes móbiles doutros operadores para que poidas seguir falando e navegando, aínda que esteas fóra de España. Iso é o roaming.
E dependendo do país ao que viaxes, chamar, conectarte a internet ou enviar un SMS pode ser gratis ou ter un custo. Iso varía dependendo da zona onde se atope o país de destino.
En que países tes o roaming sen custo co teu móbil de R
Hai que pagar o roaming en Reino Unido? Por se non tes claro cales son os países onde xa podes falar e navegar sen custo, deixámosche aquí a lista. Son os países da zona 1.
Aquí o roaming é gratis e está incluído na túa tarifa móbil de R. E para a túa comodidade, vén activado por defecto, para que non teñas que facer nada.
Non teñen ningún custo extra no teu móbilR as comunicacións no Espazo Económico Europeo (os países da Unión Europea xunto con Islandia, Liechtenstein e Noruega).
Roaming en Reino Unido en R
No caso de Reino Unido, aínda que xa non forma parte da Unión Europea, en R, por agora, seguímolo incluíndo asociado ao resto de países da zona 1.
Deste xeito, se viaxas a Londres, utilizar o teu móbil de R en roaming non ten ningún custo extra.
E outra aclaración, que ás veces leva a equívoco: Andorra e Suíza están dentro da Unión Europea, pero non no Espazo Económico Europeo. Por tanto, neses dous países falar e navegar por internet si ten un custo.
Que países cobran o roaming dende o teu móbil de R
Como vés de ver, Andorra e Suíza, e o resto dos países que non están no Espazo Económico Europeo. Desde eles, chamar e navegar ten un custo que varía segundo a zona na que se atope o país ao que viaxes: zona 2 ou zona 3.
Por se a xeografía non é o teu 😉, podes ver aquí a lista de países:
Zona 2: Alxeria, Arxentina, Armenia, Australia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia e Hercegovina, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Estados Unidos, Filipinas, Xeorxia, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Hong Kong, India, Indonesia, Israel, Casaquistán, Kirguizistán, Macao, Malaisia, Marrocos, México, Moldavia, Montenegro, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Qatar, República de Corea, República Dominicana, Rusia, Serbia, Singapura, Sri Lanka, Suíza, Tailandia, Taiwán, Turquía, Ucraína, Uruguai, Usbequistán e Vietnam.
Zona 3: Afganistán, Albania, Andorra, Angola, Antillas Neerlandesas, Arabia Saudita, Bangladesh, Barhein, Belice, Benín, Birmania, Bolivia, Botsuana, Brunéi, Burundi, Cabo Verde, Cambodia, Camerún, Cuba, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Gabón, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea Ecuatorial, Guinea-Bisáu, Güiana, Iraq, Irán, Isla de Man, Illas Virxes Británicas, Xamaica, Xapón, Xersei, Xordania, Quenia, Kuwait, Líbano, Libia, Macedonia, Madagascar, Malaui, Maldivas, Mauricio, Mauritania, Mónaco, Mongolia, Mozambique, Namibia, Nepal, Níxer, Nixeria, Nova Zelandia, Omán, Paquistán, República do Congo, República Democrática do Congo, Senegal, Seychelles, Serra Leona, Suazilandia, Sudáfrica, Sudán, Sudán do Sur, Suriname, Tanzania, Tadxiquistán, Togo, Trindade e Tobago, Tunes, Uganda, Venezuela e Zambia.
E cal é o custo por navegar por internet, facer e recibir chamadas ou enviar SMS nestes países? Segue lendo.
Tarifas de roaming en R
Xa viches a lista de países onde o roaming é gratis co teu móbilR e aqueles onde si hai un custo extra. Como che diciamos, o prezo varía dependendo de se viaxas a zona 2 ou zona 3.
Tarifas de roaming en R - zona 2:
Precisamente, en R acabamos de baixar o custo de datos en roaming da zona 2 e ampliamos a lista de países deste grupo para que che resulte moito máis barato que antes.
E dicimos moito máis, porque a tarifa de datos en roaming da zona 2 pasa de 3,63€/MB a 0,024€/MB (si, si, les ben, pasou a 2,4 céntimos por cada mega que gastes). Como ves, é un aforro considerable que só gozarás por seres cliente/a de R.
E é que, se o comparas coas tarifas doutros operadores en zona 2, conectarte a internet dende Canadá, por exemplo, pódeche custar 6,05€/MB ou 12,10 €/MB dependendo da compañía. Mentres que en R, navegar co teu móbil dende Canadá custarache só 0,024€/MB. Así poderás viaxar máis tranquilo e non levarás ningún susto na túa factura.
Tarifas de roaming en R - zona 3:Nestes destinos, o prezo por navegar por internet é de 6,05/MB. No caso de que queiras facer unha chamada terá un custo por establecemento de 0,545 € e un prezo por minuto de 3,93 €/min. E se necesitas recibir chamadas, o establecemento é de 0,545 € e o prezo por minuto de 2,42 €/min.
De todos os xeitos, se queres comprobar as tarifas de roaming en R, podes facer a túa consulta na web mundo-r.com/roaming.
Como activar o roaming en R
Se viaxas a un país onde o roaming é gratis (zona 1) non tes que facer nada, porque o roaming vén activado por defecto no teu móbil de R.
No caso de que vaias viaxar a un país da zona 2 ou 3, onde si ten un custo navegar por internet ou facer chamadas, terás que activar o roaming dende a web ou a app de clientes R.
Segue estes pasos:
- Selecciona a opción “móbilR”.
- Pulsa o botón “roaming on/off”.
- Elixe a liña móbil que queres activar.
- Indica se queres activar só as chamadas ou só os datos, ou ambas as opcións.
Así de rápido.
Esperamos terche aclarado todas as túas dúbidas sobre o roaming en R. Se che queda algunha pregunta, ponte en contacto connosco e axudarémosche.
Boa viaxe!