Axudar a conectar as persoas foi nosa prioridade, máis que nunca, durante este ano tan cambiante. Por iso, a pasada primavera iniciamos a modernización da nosa rede de fibra óptica, para que poidas gozar dunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos conectados e dunha cobertura óptima na casa.

Porque nun ano como este, necesitabas unha resposta como esta.

Aquí tes, resumido, un ano de esforzo e compromiso contigo:

Unha nova rede de fibra óptica simétrica con velocidades de ata 10 xigas

En 2021 demos un paso de xigante, o cambio da tecnoloxía HFC a FTTH de última xeración + 5G. A fibra máis moderna, rápida e avanzada que chega directamente ao teu fogar para darche velocidades simétricas de ata 10 xigas.

Isto supón 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía anterior e ata 8 veces máis capacidade de subida.

Xusto o que necesitabas para teletraballar, estudar, facer videochamadas, gozar do lecer en streaming ou do gaming, con moitos dispositivos conectados ao mesmo tempo.

Grazas á nova rede de R, ademais de gozar desas velocidades de navegación de ata 10 xigas simétricos, poderás dispoñer tamén de wifi 6 e wifi Mesh, e de tele con deco Android 4k e plataformas OTT integradas.

Plan Avanza

Seguimos despregando rede para chegar a cada recuncho de Galicia

Con esta fibra óptica, a máis moderna e rápida a día de hoxe, seguimos avanzando e despregando rede tamén este ano, para que poidan conectarse a ela núcleos de poboación de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento.

Grazas ao Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.

Wifi mesh R

Un wifi como unha casa

Para dar resposta ás túas necesidades de conectividade no fogar buscamos a solución máis avanzada en canto a wifi: wifi mesh.

Con este repetidor intelixente podes ter cobertura en toda a túa casa, aínda que te conectes lonxe do router e teñas moitos dispositivos conectados, como o móbil, a tableta, a consola...

Porque esta tecnoloxía multiplica por 4 a túa cobertura wifi e dáche máis velocidade e a mellor conexión posible en todo momento.

Ademais, para facilitarche a vida, podes instalalo ti mesmo na casa e xestionalo directamente dende o móbil a través da app de clientes R (Android e iOS).

E falando de móbiles, tamén pensamos en axudarche cos “alavai” ao chan. Porque ademais do desgusto, estas caídas saen caras. Por iso, este ano lanzamos o servizo ‘Coidamos a túa pantalla’, para que asegures o teu móbil contra a rotura de pantalla dende 1€ ao mes.

Enredando tour R

Conectando as persoas maiores

As persoas maiores tamén queren estar en contacto cos seus familiares a través de videochamada, WhatsApp ou pedir cita no médico dende o móbil. É importante romper a fenda dixital para que ninguén quede atrás.

Por iso, este ano colaboramos con Cruz Vermella para poñer en marcha ‘Enredando tour R: un aula móbil percorreu 11 localidades galegas para formar a persoas maiores a partir de 60 anos en competencias dixitais.

O resultado non puido ser mellor e participaron nos talleres 346 personas, acompañadas de persoal especializado e voluntariado que lles acompañou en todo momento para que lle perdesen un pouco o medo ás novas tecnoloxías.

monólogos R

Levámosche as risas á túa casa

Nos días máis difíciles do ano, un pouco de humor facíanos moita falta. Así que lle demos moitas voltas para ver como podiamos seguir adiante cos monólogos R. Como non podiamos saír de xira para encher os teatros, atopamos a solución: levarche as risas directamente á túa casa.

E quen mellor que Touriñán para estrear na túa televisión os ‘monólogos R en zapatillas’. Botámonos unhas boas risas!

Eventos presenciales

A recuperación progresiva da actividade presencial

Aos poucos, os eventos presenciais volveron á nosa vida.

Una alegría para os gamers, que puideron volver verse cara a cara na XGN R Encounter.

Unha nova oportunidade para os emprendedores, que se reuniron de novo na feira Pont-Up Store.

Un pracer para os cinéfilos, que tiñan máis ganas que nunca de sentar nunha butaca para ver as mellores curtametraxes do FICBUEU.

Un desafío para os máis peques, que aprenderon e xogaron xuntos nos talleres crea R que realizamos no Open Science Cambre; e que puideron gozar coa ciencia e a tecnoloxía da FIRST LEGO League (FLL).

E unha ocasión para compartir coñecemento e experiencia no campo da ciberseguridade, na primeira edición de CIBER.gal, coa colaboración da Cátedra R en Ciberseguridade.

Todos eles contaron co apoio incondicional de R. Porque este ano quixemos estar máis preto que nunca e axudar ás entidades coas que colaboramos.

Andaina R equipos Genuine

Apostamos polo deporte local e a igualdade

Este ano por fin puidemos gozar dende as bancadas da paixón do deporte en vivo. E aí estivemos animando ao Básquet Coruña e ao Club Ourense Baloncesto, dos que somos patrocinadores.

Ademais, outra tempada, R volveu ser Genuine. Este ano renovamos o noso patrocinio co Deportivo Genuine e o Celta Integra. Esta competición, organizada por LaLiga, dispútase entre equipos formados por xogadores/as do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual).

E non nos puidemos sentir máis orgullosos/as destes/as xogadores/as, que non dubidaron en calzarse as botas para percorrer o último tramo do Camiño de Santiago nunha “andaina” que organizamos dende R, dentro das actividades do Xacobeo 21-22, do que R é patrocinador oficial.

Xacobeo 21-22

R camiña co Xacobeo 21-22

E dicimos camiña porque isto non acabou. Nuns días arrinca o segundo ano deste Xacobeo tan especial, que non se repetía dende había 11 anos e que durará 730 días.

En R non queriamos perdernos esta cita única e por iso somos, como vos adiantabamos hai un momento, patrocinadores oficiais do Xacobeo 21-22. Porque co noso compromiso co Ano Santo queremos agradecerlle a Galicia todo o que nos deu ao longo destes anos.

Concursos R

Invitacións e agasallos para os clientes R

Se tivemos entradas para lecer e cultura, como o FICBUEU ou o Museo do Pobo Galego, quixémolas compartir convosco.

Pero tamén agasallos exclusivos por ser cliente de R: un televisor para os teus maratóns de peli e series; unha toalla moi ‘molona’ para ir á praia, aínda que pouco sol fixo; e moito máis. Durante este ano participastes nos concursos das nosas redes sociais un total de 2.372 persoas.

Moitas grazas por participar e por estar aí. Porque todo o que facemos en R non sería posible sen ti.

Dende R esperamos terche axudado este ano a estar conectado/a e preto dos/as teus/túas. É o noso primeiro obxectivo.

Dámosche as grazas e desexámosche moita sorte e moita saúde para 2022.

Felices festas!!