Os monólogos R timbran á túa porta. Como o oes!! Pero non necesitas vestir de gala; queremos que esteas cómodo e rías a gargalladas, porque falta nos fai.
Non sabes canto nos gustaría verte no patio de butacas desfrutando do humor de Touriñán, pero a situación actual levounos a reinventar os monólogos R.
E é que xusto hai un ano aprazáronse os eventos presenciais; pero o espectáculo debe seguir. Por iso, nesta ocasión o humor chega directamente ao teu salón.
Ti pon a tele, R pon as risas
Xosé Antonio Touriñán vailles presentar en exclusiva aos clientes de R un espectáculo novo e diferente. Asegurámosche que te vas partir de risa.
Descúbreo o 31 de marzo ás 20:00 h no dial 117 da televisión R (canle invitada).
E despois poderás velo cantas veces queiras en bucle no rebobina da túa televisión R. Atoparalo na sección “Máis/entretemento”, e a partir do 6 de abril, directamente na portada de rebobina.
Touri é un clásico dos monólogos R, nos que nos acompañou en máis dunha ocasión. Coñecémolo xunto a Marcos Pereiro como a metade do dúo cómico “As Cantareiras de Ardebullo”, e dende aquel momento non parou de traballar en televisión, teatro e cine.
Esperámoste!