En R sempre defendemos que unha boa conexión non é só velocidade: é estabilidade, baixa latencia, boa experiencia wifi e un rendemento que non falla cando máis o necesitas.
Nos últimos anos fixemos un esforzo a nivel de investimento moi alto, para despregar en Galicia unha rede de fibra de última xeración, con tecnoloxía XGS-GPON. Isto permítenos ofrecer velocidades de ata 10 Gbps simétricos. Ademais, instalamos routers con wifi 6 e con wifi 7, para que a experiencia de conexión sexa a mellor.
E os informes independentes parecen darnos a razón: contamos coa rede de fibra que ofrece a mellor experiencia.
Resultados da consultora nPerf
A consultora nPerf (un dos referentes europeos na medición real da calidade das redes) publicou o seu informe anual sobre o rendemento do internet fixo en España, e os resultados son claros: a nosa rede é mellor do país por segundo ano consecutivo.
Alégranos os clientes de R gozan da mellor experiencia de fibra dispoñible no mercado.
O estudo destaca “a extraordinaria calidade e fiabilidade da súa rede fixa” e sitúanos como o operador “de mellor rendemento global en España por segundo ano consecutivo” (nPerf 2025-2026).
R, preparados para o futuro coa mellor rede de fibra
Entre as conclusións de nPerf destácase que:
- Os nosos abonados desfrutaron das mellores prestacións de Internet fixo en 2026.
- Somos un dos operadores que ofrece mellor wifi aos seus clientes en España.
- A nosa rede obtén a mellor latencia de España (20,26 ms), un dato clave para xogos online, videoconferencias e apps en tempo real.
- Somos líderes en navegación web (77,92%), garantindo que todo carga máis rápido e con máis estabilidade.
- Por primeira tamén alcanzamos o número 1 en streaming de YouTube (84,63%).
Datos a partir da medición real de conexións a internet
As conclusións de nPerf teñen como base a medición realizada por usuarios reais na súa aplicación. É dicir, non se trata de datos proporcionados polas operadoras.
Miden as conexións fixas, móbiles e a través de wifi e recollen os datos de miles de probas ao longo do ano. Ademais, analizan os resultados en dous períodos:
- Horas de maior uso (18:00–23:00)
- Resto do día (cando a carga na rede é menor)
Deste xeito, avalían se a rede segue a ofrecer unha boa calidade incluso cando hai maior demanda por parte dos usuarios, o que se podería traducir en saturación.
Por outra banda, dende nPerf aseguran que o estudo é moi fiable, xa que os seus datos teñen unha enorme precisión.
O informe pode consultarse aquí, e os resultados de R extráense a partir de extrapolar os datos do grupo MasOrange, en canto que a rede de fibra é a mesma e aparecemos nos tests con esa denominación.
Foto de Jahanzeb Ahsan
