No verán tiras máis dos datos do móbil que en calquera outra época do ano. Para que poidas desfrutar de todos os teus plans sen medo a quedar sen xigas na túa tarifa móbilR, baixamos á metade o prezo dos nosos bonos de datos extra. Durante 3 meses, nos que máis caña lle dás ao móbil, podes engadir 10GB ou 20GB á túa tarifa sen rascar o peto; que bastantes gastos tes xa coas vacacións.

Os datos son para o verán

Spotify de fondo para tomar o sol, selfies na praia acotío en Instagram, procura de “chiringuitos” en TripAdvisor, Google Maps on fire... a túa tarifa de datos se resente durante o verán.

Por iso baixamos á metade os nosos bonos de datos extra, para que desfrutes sen preocupacións:

  • bono 10GB a 3€/mes, durante 3 meses
  • bono 20GB a 6€/mes, durante 3 meses

Sen permanencia

O volume de datos sumarase aos gigas da tarifa que tes contratada. É dicir, se tes 5GB, desfrutarás agora de 15GB ou 25GB, dependendo do bono que elixas.

Os datos extra consumiranse unha vez finalizados os datos incluídos na tarifa. E o mellor de todo é que podes dalos de baixa cando queiras, xa que esta promo non leva asociada permanencia.

Para contratar o teu bono de datos extra, só tes que chamarnos ao 900 825 123.

bonos xigante

Bonos xigante

E lembra que se queres desfrutar das aplicacións que máis usas no teu móbilR sen gastar datos da túa tarifa, tes catro tipos de bonos gigante para elixir.

  • bono claqueta: para os grandes consumidores de vídeos e series a través do seu móbil. Inclúe: Youtube, Netflix, HBO, Amazon Prime e Vimeo
  • bono gramola: non quedes sen datos para desfrutar de Spotify, Apple Music, Sound Cloud, Napster e Deezer
  • bono fin de semana: tes incluído todo o tráfico que fagas no móbil dende o venres ás 14.00 h ata o domingo ás 23.59 h, con ata 25GB cada mes
  • bono redes: xigas sen fin para Whatsapp, Facebook, Instagram, Twitter, Linkedin, Snapchat, Tinder, Flickr, Tumblr, Grindr, Badoo, Meetic, Periscope e eDarling

Queres datos? Toma datos.

Desfruta do verán!