Un día estás a xogar no parque co/coa teu/túa fillo/a e ao seguinte pídeche o móbil. Que rápido pasa o tempo! Os/as rapaces/as fixéronse maiores e están a desexar ter o seu propio teléfono para non usar o teu en todo momento. Pero, cal elixir?

En R buscámolo por ti e engadímoslle un reloxo intelixente por menos de 5€ ao mes. Leva o pack ZTE Blade A5 2020 + ZTE Watch Live e esquécete de escoitar por enésima vez: “Déixasme o móbil?”.

Móbil si, móbil non?

Se te estás a preguntar se é demasiado pronto ou se é aconsellable que os/as teus/túas fillos/as teñan un móbil, mírao dende esta perspectiva:

  • Tarde ou cedo van necesitar un móbil propio.
  • Axúdache a estar conectado con eles e dáche tranquilidade saber onde están.
  • Axúdalles a aprender e descubrir cousas novas.
  • Podes evitar que se descarguen apps ou accedan a determinados contidos configurando o control parental nos axustes do teléfono.

Iso si, sempre é recomendable a supervisión e unha boa funda protectora 😉.

pack ZTE Blade A5 2020 + ZTE Watch Live

ZTE Blade A5 2020, todo o que necesita o seu primeiro smartphone

A pantalla de 6,08 polgadas é grande dabondo para evitar a fatiga visual e que poidan ver ben as aplicacións ou os debuxos.

A súa batería de 3200 mAh será suficiente para que non teñan que cargalo constantemente. E vén equipado cunha memoria de almacenamento de 32GB (16GB dispoñibles para usuario) que lles servirá para gardar as súas cancións e fotos.

Ten unha cámara principal de 13+2 MPX, que lles permite sacar xa instantáneas de boa calidade, e unha cámara frontal de 8 MPX.

Ademais, desbloquéase con recoñecemento facial, que lle dá ese plus de seguridade.

ZTE Watch Live, o complemento de moda para o deporte

Co pack de R, ademais do seu primeiro teléfono, levas un reloxo intelixente todoterreo como eles.

Resiste á auga e ao po e a súa batería dura ata 21 días.

Ten unha chea de modos deportivos para que o pasen en grande mentres adestran, dende fútbol ata bádminton. E sensores para que midan os seus resultados.

Poden controlar a música e a cámara do móbil dende o reloxo, recibir notificacións de mensaxes ou atopar o teléfono ao que conectaron o smartwatch por se o deixaron no vestiario.

Aproveita o pack de R ZTE Blade A5 2020 + ZTE Watch Live para que gocen con responsabilidade do seu primeiro teléfono e reloxo intelixente.