Orballo nace no 2012 como unha marca galega que cultiva plantas aromáticas, especias, ecoarroces á carta e infusións. O respecto pola natureza, o gusto pola comida san e o arraigamento co rural galego son os alicerces desta marca que ofrece produtos 100% ecolóxicos.
Gerardo Lagares, o director de Orballo, contounos a historia da empresa na celebración dos parladoiros que se organizan dentro do proxecto de acción social Mercado de la Cosecha que está impulsado pola Corporación Hijos de Rivera e que conta coa colaboración de R.
Non perdas detalle da súa historia no vídeo dos Parladoiros.