Iván Gulín Porto é un luthier galego que non soamente se dedica a tocar instrumentos senón que tamén ensina a tocalos, fabrícaos, arránxaos e, por se fose pouco, tamén é cantante lírico.

Foi o encargado de poñer o toque musical na última edición da iniciativa social Mercado de la Cosecha que está impulsada pola Corporación Hijos de Rivera e que tamén conta co apoio de R.

Podes escoitar no vídeo a súa peza musical acompañada polos versos recitados por Quique Morales.