O Deportivo Genuine fixo realidade o soño de Álex Rey: xogar ao fútbol; e facelo coa camiseta do club que seguiu dende neno. Álex vén de volver das Palmas, onde o Dépor xogou os primeiros partidos da tempada 2021-2022 de LaLiga Genuine Santander, que disputan futbolistas do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual).
E estivemos charlando con el sobre esta experiencia, os valores de compañeirismo e moito máis. En R levamos anos aprendendo auténticas leccións de vida grazas a persoas marabillosas como Álex e a todo o equipo do Dépor Genuine. Por iso seguimos camiñando a carón del como patrocinadores.
Deixámosche aquí a entrevista completa con Álex Rey.
Sempre che gustou o fútbol?Sempre, dende moi pequeno. Dende os sete anos son socio do Deportivo. Sempre me gustou o fútbol e xogar ao fútbol.
Por que decidiches xogar ao fútbol no Deportivo Genuine?Xogar coa camiseta do Dépor era un soño inalcanzable. A medida que crecía nos equipos nos que estaba, non encaixaba e non me poñían a xogar. Co Dépor Genuine tiven a oportunidade de xogar e ademais, de facer realidade o meu soño.
Que é o que máis che gusta do traballo diario?En xeral, todo. Os adestramentos, compartir cos compañeiros, a relación cos adestradores…
Que ambiente hai no equipo? e que é o que máis che gusta?Hai moi bo ambiente. Gústame todo.
Que é o que máis che achega da experiencia de xogar nunha liga profesional como a Genuine?Persoalmente, o orgullo de pertencer a un club como o Deportivo, de defender o seu escudo e sentirme parte del. Logo, vivir as viaxes, as concentracións, compartir cos meus compañeiros/as.
Como vos vedes este ano na competición?A pesar da pandemia estamos mellor que outros anos. Creo que se vai vendo o traballo destes anos, tanto o noso como o dos nosos/as adestradores/as, que fan un gran traballo connosco.
Cal é o equipo que máis respecto che dá?Respecto téñolles a todos, pero creo que este ano estamos todos moi igualados, non vexo a ningún que sobresaia por encima dos demais.
Recomendarías seguir o teu camiño a calquera persoa?Dende logo que si. É un privilexio pertencer a un club como o Deportivo e á liga Genuine por todos os valores que representa e vivir a experiencia das viaxes e de compartir con outros equipos.
Que lle pides a este ano no persoal e no deportivo?Seguir mellorando tanto como persoa como laboralmente. E a nivel deportivo, seguir gozando cos meus compañeiros/as e os meus adestradores/as, e quedar clasificados/as o mellor posible.
Moitas grazas, Álex Rey, por compartir con R a túa experiencia.
Estamos seguras de que che espera unha tempada chea de éxitos.
Sorte!!