Na nosa terra podemos atopar adaptacións de nomes que teñen unha historia única. Iso é o que sucede co nome galego de neno Xandre. Cando falamos deste nome facemos referencia á historia, á tradición e á presenza das grandes culturas que marcaron o desenvolvemento do mundo occidental.

Orixe do nome de Xandre

Ao analizar a orixe do nome de Xandre hai que partir da base de que procede do grego, en concreto da forma Aléxandros.

Pero para entender de forma máis profunda a esencia deste nome hai que ter en conta que é o hipocorístico de Alexandre.

Tampouco debemos esquecer que Xandre é un nome propio da nosa terra e iso reflíctese en que todos os homes que se chaman así residen en Galicia. Pero o trazo que máis chama a atención é que a súa media de idade é de 7 anos. Por tanto, é un nome actual que se segue tendo moi en conta cando un neno vén ao mundo na nosa terra.

Significado do nome de Xandre

O significado máis claro e directo do nome de Xandre é “protector”. Nesta análise aparece de novo o nome de Alexandre que se divide en dúas partes. Unha delas é “alexein” que significa “protexer” e outra que é “aner” que ten un significado que é “home”. Estas referencias completan o significado deste nome que é “defensor dos homes”.

Doutra banda, un dos factores que axudou a asentar e a difundir o nome de Xandre foi a figura histórica de Alexandre Magno. Posteriormente, o nome de Alejandro alcanzou unha gran popularidade na Idade Media Europea ata dar lugar a variantes como Xandre.

Onomástica do nome de Xandre

A data de celebración da onomástica do nome de Xandre está directamente ligada á asignada para conmemorar ao nome de Alexandre. Ese día é o 26 de febreiro.

Homes co nome de Xandre

Atopar a persoas prestixiosas que se chaman Xandre pode resultar complicado. Isto débese a que a media de idade dos homes que se chaman así é moi baixa, pero, do mesmo xeito que sucede con outros nomes, non é estraño que proximamente si destaquen homes chamados Xandre.

En todo caso, en Galicia temos referentes coa outra variante do nome. Aí están por exemplo o inventor Alexandre de Fisterra ou o galeguista Alexandre Bóveda.

Como se escribe o nome de Xandre noutros idiomas

Uno dos trazos do nome de Xandre é que ten variantes en diferentes idiomas. Estes son algúns dos casos máis destacados e á vez utilizados e coñecidos.

Idioma Tradución
Español Alejandro, Sandro
Catalán Alexandre, Sandre
Éuscaro Alexandro
Inglés Alexander
Alemán Alexander
Italiano Alessandro