Hai nomes que chaman a atención con tan só velos ou lelos. Iso é o que sucede co nome galego de neno Leo, que tamén destaca por ser unha referencia clara á natureza. Doutra banda, estamos diante dun nome cargado de curiosidades que fai que sexa unha opción para valorar por moitos pais.
Orixe do nome de Leo
Leo é un nome que procede do grego e desde as súas orixes foi unha referencia a ese animal felino que está relacionado con aspectos como a forza, o poder ou a vida salvaxe. Outro aspecto interesante é que desde que apareceu o nome de Leo foi evolucionando ata dar lugar a outros nomes como Leopoldo, Leonardo ou Leonel.
As características asociadas ao nome de Leo, sumado á súa sonoridade e á súa musicalidade, contribuíron a aumentar a súa popularidade. De feito, a día de hoxe hai máis de 2.300 homes que se chaman así en Galicia. Tampouco pasa desapercibido o feito de que a súa media de idade é de 5 anos e iso mostra que estamos diante un dos nomes do momento.
Significado do nome de Leo
O significado do nome de Leo baséase na referencia ao animal do León. A partir de aí, aparecen outros significados como poderoso, forte ou fero. Todas estas connotacións están relacionadas con aspectos simbólicos que teñen que ver co león.
Doutra banda, aos homes que teñen o nome de Leo asócianselles trazos como o ser sedutores, fieis e profesionais. Tamén destaca o feito de que os amantes da astroloxía relacionan a este nome co signo do zodiaco Leo.
Onomástica do nome de Leo
Unha das curiosidades do nome de Leo é que ten dúas datas asignadas para celebrar a súa onomástica. Unha delas é o 30 de xuño e a outra é o 10 de novembro, por tanto, o día de celebración varía en función da devoción que teña esa persoa.
Homes co nome de Leo
A popularidade do nome de Leo vese reflectida en que a día de hoxe non é difícil atopar a homes famosos que se chaman así. Mesmo aparece unha persoa mundialmente coñecida.
- Leo Messi: futbolista
- Leo Harlem: actor e humorista
- Leonardo Dicaprio: actor
- Leonardo da Vinci: artista, escritor, inventor, músico, enxeñeiro ou bonático, entre outra das súas facetas.
Nome de Leo noutros idiomas
Outro dos trazos do nome de Leo é que mantén a súa forma e a súa pronuncia cando aparece lido ou pronunciado noutros idiomas. Neste caso tamén aparece unha das variantes máis coñecidas que é o nome de Léo no francés.
Idioma | Tradución |
---|---|
Español | Leo |
Catalán | Lleó |
Alemán | Leo |
Francés | Léo |
Inglés | Leo |
Italiano | Leo |
Portugués | Leo |