A cultura galega sempre estivo conectada coa natureza, por iso é polo que moitos nomes fagan referencia a elementos naturais ou accidentes xeográficos. Un deses nomes é Aldán, unha denominación que ten diferentes significados e que tamén está asociado co pasado máis ancestral e tradicional de Galicia.
Trátase dun nome que agora mesmo teñen 154 nenos en Galicia, pero que se está poñendo de moda, ao tratarse dun nome en galego orixinal, curto e bonito.
Orixe do nome Aldán
A cultura celta e a cultura galega teñen importantes lazos históricos e iso tamén se reflicte nos nomes. Neste caso, Aldán é un nome de orixe celta e Aodhán era a súa forma orixinal.
Este feito provocou que en ocasións se asegure que o nome de Aldán ten unha procedencia xermánica, en concreto da raíz alds, que significa “tempo” ou ben “era, época”.
Aínda así, non se sabe con exactitude cando se comezou a utilizar este nome, o que si sabemos é que Aldán se trata dun lugar do Morrazo, en concreto o segundo núcleo urbano de Cangas. De feito, os señores de Aldao foron a familia que deu nome ao lugar. Ademais, mesmo existe a ría de Aldán.
Significado do nome de Aldán
O significado do nome de Aldán varía en función de se se analiza a súa procedencia celta ou o seu uso actual. Hai que ter en conta que a forma orixinal deste nome é Aodhán, unha palabra composta polo termo Aodh, que significaba lume, e án que quería dicir forza ou enerxía. Iso facía que este nome fose asignado a persoas que tiñan estas características.
Hoxe en día o nome galego Aldán ten un significado que é montaña ou altura. Isto fai que se asocie coa estabilidade, coa determinación e coa forza, por iso é polo que sexa un nome moi popular en Galicia. Independentemente da súa procedencia céltica ou galega, as connotacións do nome de Aldán sempre son positivas.
Doutra banda, se se analiza a súa procedencia inglesa, en concreto o apelido inglés eald, o significado deste nome sería “vello”. Pero esta connotación é a que menos forza ten e os valores que asocian a cultura celta e a cultura galega son os que predominan neste nome.
Homes co nome de Aldán
Ao tratarse dun nome que se está poñendo de moda agora, xa que apenas hai máis de 150 galegos chamados Aldán, por agora non hai ningún Aldán coñecido en ámbitos como pode ser a cultura, o deporte ou a investigación.
Pero lembra que se chamas ao teu fillo Aldán, no futuro ben podería ser unha persoa que destaque nalgún destes campos.
Tradución de Aldán a outros idiomas
Neste caso, Aldán non ten tradución a outras linguas. Trátase dun nome exclusivamente galego, moi noso.
Esa é unha das vantaxes se queres poñerlle ao teu fillo o nome de Aldán: saber que ten un nome sonoro, orixinal e que noutros idiomas non ten equivalencia.