Nestes momentos podemos atopar nomes curtos e elegantes que están cargados de forza e de sonoridade e iso é o que ocorre co nome galego de nena Sofía. Hai moitos aspectos que fan que este nome non pase desapercibido e na nosa terra segue estando moi vixente.
Orixe do nome Sofía
Sofía é un nome que ten a súa orixe no grego, pero chegou ata a nosa terra pola figura de Santa Sofía que foi unha mártir romana que viaxou á cidade de Roma coas súas fillas para predicar o Evanxeo. O emperador, ao decatarse do labor de Santa Sofía, instouna a retractarse da súa fe cristiá e, ante a súa negativa, decidiu asasinar as súas fillas.
Esta historia non quedou no esquecemento e séculos despois o emperador Xustiniano ordenou construír un templo no seu nome na cidade de Constantinopla. Posteriormente no século XV, Mohamed II converteu a ese templo nunha mesquita que hoxe en día é un edificio referencial para a arte bizantina.
A transcendencia do nome de Sofía móstrase en que actualmente hai máis de 92.000 mulleres que se chaman así. Unhas 6.000 residen en Galicia e a súa media de idade é de 19 anos. Por tanto, é un nome actual que seguirá tendo un importante percorrido.
Significado do nome Sofía
O significado do nome de Sofía é “sabedoría”. Esta referencia mostra a importancia deste nome, tanto é así que esta palabra converteuse nun termo esencial na filosofía helena.
Doutra banda, ás mulleres que teñen o nome de Sofía asóciaselles unha serie de características. Entre elas destaca o ser intelixentes, reflexivas, sensibles, cariñosas, doces e creativas. Ademais, senten atraídas por disciplinas como a historia e a filosofía.
Onomástica do nome de Sofía
Santa Sofía é unha figura relevante para o cristianismo e iso dá sentido á data de celebración da súa onomástica que é o 18 de setembro. Durante este día moitas persoas conmemoran o seu santo.
Mulleres co nome de Sofía
A popularidade do nome de Sofía foi moito máis alá da nosa terra e a día de hoxe podemos atopar múltiples exemplos de mulleres de recoñecido prestixio que se chaman así. Estes son os casos máis destacados.
-
Sofía Casanova: xornalista, poeta e novelista galega
-
Sofía Oriana Infante Souto: compositoria galega especializada en música para o cine
-
Sofía Novoa: compositora e mestra galega
-
Sofía Toro: regatista galega que consiguiu o ouro nos Xogos Olímpicos
-
Sofía de Grecia: raína emérita de España
-
Sophia Loren: actriz de Hollywood
-
Sofía Coppola: directora, actriz, productora e guionista de cine
Como se escribe o nome de Sofía noutros idiomas
Outro dato que mostra a popularidade do nome de Sofía é que conta con variantes e traducións en diferentes linguas. Ademais, todas elas teñen unha pronuncia que fai que este nome sexa facilmente recoñecible.
Idioma | Tradución |
---|---|
Inglés | Sophia |
Francés | Sophie |
Italiano | Sofia |
Alemán | Sofia, Sonja, Sophie |
Éuscaro | Sope |
Portugués | Sofia |
Ruso | Sonia, Sofia |