Saínza é un dos nomes de nena en galego máis rechamantes. De feito, trátase dun nominativo que, dalgún xeito, reflicte a tradición da nosa terra.
O nome galego de nena Saínza estendeuse en Galicia durante estes últimos anos. Trátase dun nome vinculado á nosa xeografía, polo que non ten equivalencia noutros idiomas.
Coñezamos un pouco máis a orixe do nome de Saínza.
Orixe do nome de Saínza
Ao nome de Saínza atribúeselle como referencia a festa de Saínza, que é unha celebración popular que ten lugar en Rairiz de Veiga, localidade situada na provincia de Ourense.
Esta festa celébrase o 24 de setembro, que é o día da Virxe das Mercés.
Actualmente só contabilízanse a 161 mulleres que teñen o nome de Saínza. A gran maioría delas residen en Galicia e a súa media de idade é de 18 anos. Este último dato mostra que é un nome moi actual.
Doutra banda, destaca o feito de que ás mulleres que teñen o nome de Saínza atribúenselles calidades como o ser harmoniosas, independentes e equilibradas. Tamén serían persoas reflexivas, enigmáticas e introspectivas.
Todos estes atributos, sumado á musicalidade do nome, contribúen a que a popularidade do nominativo de Saínza non deixe de aumentar.
Significado do nome de Saínza
Pénsase que a súa orixe está na palabra salgueiro e en concreto en salícea, que é un lugar onde hai moitos salgueiros ou sálices.
Así pois, co tempo, salícea transformouse na palabra Saínza.
Mulleres co nome de Saínza
Saínza é un nominativo considerado como novo e a media de idade das mulleres que o teñen é moi baixa, por tanto, resulta difícil atopar a persoas de recoñecido prestixio que se chamen así, aínda que é moi probable que esta tendencia cambie nos próximos anos.
Estamos seguros de que no futuro haberá numerosas Saínzas que destaquen en ámbitos como a cultura, o deporte, a ciencia ou a tecnoloxía.
Como se escribe o nome de Saínza noutros idiomas
O nome de Saínza é un nominativo único na cultura galega. Ese factor provoca que non existan traducións a outras linguas.
Atopámonos deste xeito diante dun nome único, moi vinculado con Galicia e que vaias onde vaias se pronuncia e se escribe igual.