Hai séculos que as culturas do norte de Europa forman parte da nosa idiosincrasia e influíron na nosa historia, na nosa tradición e na nosa mitoloxía. O nome galego de nena Elba está influenciado por este factor, pero isto non impediu que sexa considerado como un nome propiamente galego.
Orixe do nome de Elba
A orixe do nome de Elba sitúase nas antigas linguas germánicas. Hai que ter en conta que no século V houbo pobos germánicos como os Suevos que chegaron á nosa terra deixando a súa pegada ata ser absorbidos polos Visigodos. O nome de Elba actúa como recordo dese pasado.
Nestes momentos hai preto de 2.000 mulleres que comparten o nome de Elba. No que respecta á súa media de idade, é de 26 anos. Por tanto, estamos diante dun nome histórico que é utilizado por persoas mozas.
Significado do nome de Elba
Elba é un nome ao que se lle asocian varios significados. Un deles céntrase na súa análise etimológico facendo referencia aos termos elf ou alb que queren dicir “elfa” ou “trasgo”. Tamén se di que Elba pode ser unha variante doutros nomes germánicos como Alba ou Elba e nestes casos os seus significados son “nobre” e “brillante”.
Outra curiosidade deste nome é que tamén fai referencia a un lugar xeográfico que é a illa de Elba. Este enclave atópase en territorio italiano e foi o punto ao que se exiliou Napoleón Bonaparte. Tamén destaca o feito de que ás persoas que se chaman así se lles asocian calidades como o ser resistentes e fortes. Ademais, dise que teñen unha conexión moi directa coa natureza.
Onomástica do nome de Elba
O nome de Elba está directamente relacionado coa historia e coa xeografía. Pero iso non impediu que no santoral católico apareza a figura de Santa Elba, unha abadesa escocesa do século IX. As mulleres chamadas así celebran a súa onomástica o día 24 de marzo.
Mulleres co nome de Elba
Elba é un nome que ten unha importante presenza na nosa terra, pero tamén se pode ver noutros países. De feito, hai persoas moi coñecidas que teñen o nome de Elba ou que o usan como apelido. Estes son os casos máis destacados.
- Elba Ramalho: cantautora, poeta e actriz brasileira.
- Elba Pedrosa: escritora.
- Elba Álvarez: xogadora de balonmán.
Como se escribe o nome de Elba noutros idiomas
Elba é un deses nomes que ten traducións e variantes noutras moitas linguas. Ademais, todas elas están situadas no continente europeo e acumulan millóns de falantes.
Idioma | Tradución |
---|---|
Danés | Elva |
Islandés | Elfa |
Holandés | Aafje |
Sueco | Alva |