A nosa terra está directamente relacionada coa cultura celta, coa maxia e coas tradicións ancestrais. Ese pouso histórico, folclórico e cultural vese reflectido en nominativos como o nome en galego de nena Eira. Este nome é unha referencia ao noso pasado máis misterioso que aínda hoxe segue pervivindo nalgunhas partes da zona norte da península ibérica.

Orixe do nome de Eira

A posible orixe de Eira sitúase na península escandinava. Neste caso, a palabra “Eira” é unha referencia a unha deidade protectora da saúde que era consagrada cando se buscaba a sanación.

Doutra banda, na mitoloxía grega, a palabra “Eira” aparecía cando se quería facer mención ás mulleres que coñecían as plantas medicinais e que usaban eses coñecementos para curar ás persoas.

Neste percorrido tamén hai que apuntar á máis que probable procedencia gaélica desta palabra. Sobre todo, se temos en conta que moitos pobos desa zona europea influíron directamente na nosa cultura e mesmo se asentaron no noso territorio.

Doutra banda, como apunta a Real Academia Galega, “en Galicia vén da voz común eira, do latín area”, é dicir, a zona próxima á casa, xeralmente chaira, onde se colocan os cereais para golpealos e extraer o seu gran.

Actualmente, hai máis de 700 mulleres que teñen o nome de Eira e a súa media de idade é de 8 anos. Isto mostra que este nominativo, que ten unha orixe que se sae dos canons habituais, segue pervivindo ao paso do tempo.

Significado do nome de Eira

Se atendemos á orixe galesa deste nominativo, o seu significado é neve. Pero neste sentido aparece de novo a especulación sobre se o seu significado tería que ver coa mitoloxía grega. Isto débese a que nas linguas faladas en Grecia e nos seus arredores a palabra “Eir” faría unha referencia á deusa dos procesos naturais. Sempre temos que ter en conta que a nosa terra ten unha relación directa coa natureza e sexa como sexa, este nome está ligado á propia terra.

No que respecta a os trazos que se asocian ao nome de Eira, destacan aspectos como o ser comprensivas, amables e empáticas. Tamén sobresae o feito de que se é necesario poden expoñer un carácter decidido e autoritario. De novo aparecen aspectos que contribúen a aumentar a popularidade dun nome.

Onomástica do nome de Eira

O nome de Eira está relacionado coa cultura escandinava, coa cultura grega e especialmente coa cultura celta e gaélica. Iso fai que non teña unha data concreta asignada no santoral católico, aínda que en ocasións, cando isto sucede, desígnaselle o día 1 de novembro como data conmemorativa, o Día de Todos os Santos.

Mulleres co nome de Eira

O feito de que o número de mulleres que teñen o nome de Eria sexa moi baixo e de que teñan unha media de idade case infantil, evita que haxa persoas moi recoñecidas que teñan este nome. Aínda que do mesmo xeito que sucede con outros nominativos que teñen o mesmo contexto, é probable que en pouco tempo si aparezan mulleres recoñecidas que se chaman así.

Como se escribe o nome de Eria noutros idiomas

Eira é un deses nominativos que poderiamos dicir que ten personalidade propia e iso contribúe a que manteña a súa escritura e a súa pronuncia cando aparece noutras linguas. Estamos ante un nominativo que ten un marcado carácter mitolóxico.