O nome de nena Auria é un dos máis enigmáticos que podemos atopar no noso territorio. A día de hoxe non se sabe con certeza cal é a súa orixe e o seu significado, pero este contexto tamén reforza o atractivo deste nome galego que actúa como reflexo da nosa cultura e tradición.

Orixe do nome de Auria

Unha das teorías que tratan de explicar a procedencia do nome de Auria sitúase no latín. Este idioma foi o predominante durante a Idade Antiga, que estivo marcada pola presenza do imperio romano. Neste caso a orixe podería estar nos termos latinos Aureus ou Aurea. Non hai que esquecer que foi o propio imperio romano o que adoptou ao latín como a súa lingua oficial e introduciuna en todo o territorio da península ibérica.

O nome de Auria segue vixente e pódese ver en diferentes puntos da península ibérica, pero destaca claramente no noso territorio, especialmente en Ourense (pensemos que un dos posibles significados deste lugar é "Auriense" ou "A cidade de ouro").

Hai case 250 persoas co nome de Auria e a súa media de idade destas persoas é de 37 anos, por tanto, está presente en persoas mozas e adultas.

Significado do nome de Auria

Se se parte da procedencia latina deste nome, o seu significado sería “a refulxente”, que é unha palabra que fai referencia ao ouro, esta significación procede do termo latino aureus.

Doutra banda, hai estudos que descartan esta teoría e indican que o seu significado procedería da palabra Oira, que se cre que podería ser un nome alternativo ao do río Miño.

Onomástica de Auria

No que respecta a a onomástica do nome de Auria aparece a data do 19 de xullo debido a tres santas que teñen este nome, unha delas sitúase en París, outra de Córdoba e outra na rexión italiana de Ostia.

Mulleres co nome de Auria

O contexto enigmático que rodea ao nome de Auria provoca que sexa difícil atopar a mulleres famosas que se chamen así. Aínda así, aparecen figuras como a cantante portuguesa Áurea, que ten un nome que podería ser un equivalente do nominativo Auria.

Como se escribe o nome de Auria noutros idiomas

O nome de Auria está moi arraigado no noso territorio e en pártea norte de España e iso fai que non apareza traducido a moitas outras linguas. Aínda que si se poden atopar algunhas equivalencias.

Idioma Tradución
Español Aurea
Francés Aure