Hai nomes que se asocian con valores positivos e que con tan só pronuncialos transmiten a sensación de que se está ante unha boa persoa. Iso é o que sucede co nome de Ádega, que se utiliza en Galicia, pero que ten unha procedencia moito máis clásica e antiga.
Ádega é un nome de nena en galego ideal porque é sonoro, orixinal e, ademais, pouco común. Se queres que a túa filla teña un nome bonito e pouco común, ten en conta que agora mesmo só hai sete persoas en Galicia co nome de Ádega.
Outra variante máis común de Ádega é Águeda, xa que na nosa comunidade temos 351 persoas que se chaman así.
Orixe do nome Ádega
A orixe do nome de Ádega sitúase na cultura grega. Hai que ter en conta que Grecia é o berce da civilización actual e por iso moitas palabras que apareceron e que se asentaron na época dourada da civilización helena chegaron ata os nosos días e iso é o que sucede co nome de Ádega.
O contacto e a influencia que tivo a cultura grega coa maioría dos países de Europa provocou que este nome chegue a Galicia. De feito, o nome vén do grego agathé, pero esta palabra adaptouse ao latín coa palabra agatha. E de aí chegou ao galego.
Significado do nome de Ádega
O significado literal do nome de Ádega é boa e iso débese ao seu pasado histórico. A pesar de que a orixe do nome de Ádega é grego, o seu significado débese a unha mártir italiana do século III.
Esta muller naceu no seo dunha familia nobre da rexión de Sicilia. Posteriormente, foi sometida a diferentes castigos polo gobernador Quinciano ata que faleceu no ano 251. Hoxe en día, a tumba desta mártir que achega o significado ao nome de Ádega pódese ver en Catania.
Doutra banda, e partindo da base deste significado, ás persoas que teñen o nome de Ádega presupónselles unha bondade innata, acompañada de valores relacionados coa corrección, a misericordia, a paz e a boa presenza. Trátase dun nome tradicional sobre o que recaen significados positivos.
Mulleres co nome de Ádega
Estes son algúns das mulleres ou referencias culturas que atopamos co nome de Ádega:
- Ádega de Catania: mártir siciliana.
- A tía Ádega: trátase dun personaxe da novela Vos dous de sempre, escrita por Castelao.
- Ádega: É un personaxe da novela Flor de santidade de Valle-Inclán.
Como se di Ádega noutros idiomas
Indicámosche aquí a equivalencia do nome galego Ádega a outras linguas:
Idioma | tRADUCCIÓN |
---|---|
Español | Ágata Gadea Águeda |
Alemán | Agathe Agatha |
Catalán | Ágata |
Éuscaro | Gadea Agata Agate |
Francés | Agathe |
Inglés | Agatha |
Italiano | Agata |
Portugués | Agata Ágata Águeda |
Ruso | Agafia |