No ano 2009, na comarca del Ribeiro, en pleno corazón de Galicia, comezou o proxecto de Naturavia. Trátase, como indican eles na súa web, "dunha alternativa real á cosmética convencional con produtos eficaces, respectuosos coa nosa pel, pero tamén coa naturaleza".

No Mercado de la Cosecha, un procecto de acción social impulsado por Corporación Hijos de Rivera que pretende converterse en palanca competitiva no desenvolvemento socioeconómico do medio rural a través da divulgación de proxectos singulares, onde tamén colabora R, puidemos coñecer de primeira man a súa experiencia.

Cóntannolo os seus protagonistas, Carla e Pepe, unha bióloga molecular namorada da cosmética natural e un profesor de formación vial que cambiou o coche e os pedais pola bata e os aceites esenciais.