Cuarta semana do Mercado da Colleita na tenda de Vigo (Policarpo Sanz, 28) onde poderás atopar estes días as propostas a un tempo artesás, innovadoras, tradicionais e modernas dos zocos de Helena Ferro e as cestas de Idoia Cuesta. Xunto a elas, este mes, os ovos e marmeladas de Pazo de Vilane, as galletas mariñeiras de Daveiga, os queixos de Cortes de Muar, os iogures ecolóxicos e queixos de Casa Grande de Xanceda, as sidras Maeloc, os abonos de lombrices de Ecocelta e as esponxas vexetais de Ibérica de Esponjas.

Hoxe mesmo, dúas actividades: "Creacións inspiradas na natureza", de Idoia Cuesta ás 18:00 h e, ás 19:00h, "100 anos de zoqueira", de Elena Ferro. E mañá sábado, ás 12:00, un taller colaborativo de estruturas con vímbios, impartido pola cesteira.

ido_tallerIdoia Cuesta

Idoia Cuesta chegou a Galicia para investigar en Bioloxía Mariña e tras asistir a un curso de cestaría, a experiencia de crear con fibras vexetais cativouna. Afincada en Lugo, Idoia conta con máis de dez anos de experiencia e investigación con tecidos. As súas creacións parten da tradición á vez que innova materiais e xoga con volumes para deseñar novas liñas e produtos en ámbitos como a decoración ou a moda. Introduce un sentido renovado na artesanía, creando cestas con novos usos e para novos consumidores. Así, foi a creadora da liña de bolsos Galicia de Loewe nas campañas primavera verán de 2013 e 2014. Este ano o seu labor foi recoñecido co Premio Nacional de Artesanía.

http://www.idoiacuesta.comElena Ferro

Elena Ferro é a terceira xeración da súa familia de 'zoqueiros' que mantén vivo un oficio tradicional, facendo del un modo de vida. Para iso, cambian o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica converténdoa nunha peza adaptada ás tendencias de moda actuais. Crean unha nova liña de zocos feitos con cores atrevidas e deseños en sintonía coas tendencias de moda, inspirada na natureza e os animais, como os zocos "voa mariquita voa" que foron galardonados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas.

http://www.elenaferro.com