Muuhlloa é unha marca de cosmética feita en Galicia por mulleres e que nace da sinerxia entre a Granxa Maruxa e Milhulloa. A Granxa Maruxa proporciona o leite das súas vacas para crear a crema e Milhulloa ofrece unha das herbas que cultiva esta cooperativa na comarca da Ulloa.
Puidemos coñecer esta nova marca de cosmética no Mercado de la Cosecha , un proxecto de acción social impulsado por Corporación Hijos de Rivera, no que tamén colabora R, e que ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento socioeconómico do medio rural a través da divulgación de diferentes proxectos.
As creadoras de Muuhlloa cóntannos como se desenvolveu toda a historia ata conseguir un leite hidratante e ecolóxico feito con 40% de leite das vacas de Cumbraos (Monterroso) da Granxa Maruxa, un 10% da herba milenrama da cooperativa Milhulloa e auga do Carballiño.
Estate atento ao vídeo que é moi interesante a súa historia!