O teléfono móbil foi o teu mellor aliado para estar conectado coas/cos teus a pesar da distancia. Unha situación á que se tiveron que adaptar as/os nosas/os maiores ás alancadas, e non sempre co móbil máis axeitado. Para saír do apuro, ás veces recorres a un móbil antigo que tes por casa, pero seguramente ese terminal xa viviu mellores épocas ou non responde as súas necesidades. Aproveita agora para comprar un móbil co que as/os túas/teus maiores se sentan cómodas/os. Dámosche un par de suxestións que podes conseguir en móbilR.
Cousas que debes ter en conta
Ninguén as/os coñece coma ti, así que o primeiro é que avalíes o seu grao de soltura cun móbil. Hai auténticas/os cracks que ata mandan WhatsApps e outra/os non se queren pelexar a estas alturas da vida coa tecnoloxía.
Sexan como sexan, en R temos solucións para ambas/os as dúas/os dous: o Alcatel 3026x, un teléfono sinxelo para chamar, e o Alcatel 1, un modelo xa smartphone, pero de fácil manexo co que se desenvolverán para facer videochamadas. E se xa son de nivel pro, podes probar mesmo cunha tablet: Samsung Galaxy Tab A 10.1 2019 ou Lenovo Tab M10.
Alcatel 3026x
Teléfono básico deseñado para os maiores. Móbil lixeiro para que non lles pese moito, con formato cuncha para evitar que pulsen algunha tecla sen querer e cunha pantalla grande de 2,8 polgadas onde verán ben o número que chama.
Ten un teclado tradicional, cos números de bo tamaño, e accesos directos para que vaian rapidamente ás funcións principais: chamar, axenda... E, sobre todo, botón SOS que chamará aos contactos que haxas predefinido.
A batería dura entre 200 horas (3G) e 280 horas (2G), en standby, suficiente para que non teñan que estar pendentes todo o tempo. Para cargalo non necesitan andar con cables, o Alcatel 3026x cárgase nunha base, que tamén axuda a que non se lles caia.
E un último detalle importante, é compatible con audífonos M4/T4.
Alcatel 1
Como che diciamos, isto xa é un smartphone, pero se te sintas un intre para explicarlles o básico, pillarano rápido. O bo de que sexa un teléfono intelixente é que poden facer máis cousas que chamar.
Aínda que teña unha pantalla táctil, Android incorpora moitas opcións de accesibilidade que podes configurar dende os axustes: zoom de pantalla e tamaño da fonte, cor e contraste, compatibilidade con audífonos, etc.
Ten unha pantalla de tamaño considerable, 5 polgadas, nun dispositivo compacto e livián, que lles pode resultar manexable.
E se dubidas sobre cal lles pode ir mellor ás/aos túas/teus maiores, non dubides en preguntarnos e aconsellarémosche.