Ola. Como sabes, en decembro melloramos bastante as nosas tarifas móbiles para chamar e navegar (ata un 150% máis de datos). Pero había algo que tiñamos pendente: aumentar os xigas nos plans soltos de só internet móbil.

No caso de que uses unha SIM para un pincho USB ou para a túa tablet, temos tarifas só de datos. Era preciso enchufarlles uns cantos xigas, e agora xa os tes 

Mellora automática

A mellora nas tarifas de datos de só internet móbil é automática. Non nos tes que chamar nin solicitala.

Vamos, que a tes dende xa, polo que este mes a cousa vai render ao máximo.

Distintos plans

Seguimos contando cun plan diario de internet móbil. E, a partir de aí, cando antes o plan máis baixo era de 1GB, agora xa parte de 3GB. Velaquí as opcións:

Para usuarios esixentes

Como ves, pensamos tanto no usuario que ten un uso básico como no que ten un uso esixente. De aí os 50GB, cos que poderás descargar contidos e ver películas a tope.

Agardamos que che gusten estas melloras. Ata a próxima!

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Foto de Brooke Lark.