Manu Viqueira (A Coruña, 1980) é un realizador que leva traballando once anos no sector audiovisual e está especializado en motion graphics e FX (efectos especiais). Entre os seus traballos destacan varios spots para diferentes clientes, cabeceiras para programas da TVG e produtoras galegas. A súa formación e especialización unidas ao seu talento fixeron que se convertise no “home do momento” do panorama audiovisual, xa que é o creador, xunto con David Rodríguez Simón, do novo video musical de Green Day “Troubled Times” que se estreou esta semana e xa superou o millón de visitas.
Desta volta xenteR ten a oportunidade de entrevistalo e coñecer con detalle como realizou este traballo e como está a vivir este momento tan especial a nivel laboral e persoal.
Como chega a ti un produtor da Warner Music para ofrecerche que realices un lyric video de Green Day?Teño un perfil de pago en Vimeo, una especie de youtube profesional, e hai un director que me gusta moito e que fai videos coma min e que tamén fixera un video para Green Day, chámase Chris Curtis. Eu dinlle a “me gusta” a varios videos del e el deulle un “me gusta” a un video meu. Devin Sarno, a cabeza de supervisión de videoclips da Warner Bros, o que fai é surfear entre os “me gustas” de Vimeo da xente que contrata e viu que Chris lle dera a un “me gusta” a un video meu, el tamén lle dou e despois escribiume facéndome a proposta de realizar un lyric video para Green Day.
Imaxino que cando cho ofreceron sería un “subidón” de adrenalina importante. Como reaccionaches? Contestaches ao momento?Non aguantaba de min. Tiven que ir ao Club do Mar a correr na cinta e a ver videos de Green Day e logo volver a casa e responderlle tomando un Gin Tonic.
“O supervisor de videoclips da Warner Bros, surfeando en Vimeo, chegou a un vídeo meu”
De cal dos traballos, dos que levas feito ata o de agora, te sintes máis orgulloso?Do que máis me sinto orgulloso agora mesmo claramente é do de Green Day… pero do que estou máis conteto é da ShowReel, que é a suma de traballos onde se demostra que controlo moitas técnicas, conceptos de realización, estilos….
Tamén estou orgulloso dun proxecto de Fashion Film no parque do Pasatempo en Betanzos no que aínda estou a traballar, pero do que xa hai pedaciños na ShowReel.
"Do que máis me sinto orgulloso é do de Green Day… pero do que estou máis contento é da ShowReel, a suma de traballos onde se demostra que controlo moitas técnicas, conceptos de realización, estilos…."
Si, facer un videoclip de Green Day é moita presión, está claro, jejeje. David axudábame a supervisar deseños e composicións miñas e logo el fixo chuladas como os dous grafittis da porta do almacén, a paloma punkie… Hai moitísimas fotos, foi un traballo moi grande de recompilación, controlar os dereitos de cada imaxe, recortar, animar… e ademais case todos son planos moi longos en duración e espazo polo que se complicaba a coreografía… durmín moi pouco en dous meses…
“Si, facer un videoclip de Green Day é moita presión, está claro. Durmín moi pouco en dous meses”
Puideches coñecer a reacción dos membros de Green Day do traballo final que realizastes?Houbo moitísimos momentos preciosos... dende o primeiro momento a banda e o produtor deixáronme liberdade total... e dende que entreguei o primeiro clip, e logo en cada nova proba, dixeron "we Love it", Soooo Sooo SOOOO Tremendous, AMAZING, INSANITY GREAT... cada vez unha gabanza nova e de máis subidón.... o produtor sacou matrícula de honra no curso de motivación. E o máis impresionante foi que o manager de Green Day que dixo que é do mellor que vira este ano.
Cando entreguei a peza final, o venres 13 de xaneiro, Billi Joe (cantante de Green Day) quería estrealo en dúas horas, non se aguantaba... pero decidiron agardar ao luns 16 de xaneiro que se celebra o Día de Martin Luther King, aínda que nun principio a data escollida para a estrea era o día 20 coincidindo coa toma de posesión de Trump.
Foi unha viaxe marabillosa, traballosa pero moi fácil, liberdade total... máximo nivel e os máis simpáticos cos que teño currado.
“Os de Green Day dixeron "we Love it", Soooo Sooo SOOOO Tremendous, AMAZING, INSANITY GREAT...”
Visionando o vídeo varias veces vin que apareces "sutilmente" ao gual que David, aparece alguén ou algo máis da túa contorna? A que se debe este detalle tan hitchcockiano?Ao principio non iamos saír, pero un día fíxonos graza pero a media cara. E así faciámolo máis persoal, as outras caras comprámolas para non perder tempo en organizar unha sesión de fotos.
Ao final queriamos sacar a máis xente, amigos e familia pero de súpeto houbo que entregar e non deu tempo. Pero si que nos deu tempo a meter ás nosas mozas, como agradecemento por aguantar as nosas ausencias e pola nosa obsesión de dous meses, jejeje. E porque son moi guapas, claro.
E a partir de agora, que agardas do sector? Tiveches alguna proposta máis deste tipo?Cada día están a saír máis e máis cousas, máis contactos e estanme a pedir charlas, pero coa espiral inicial de xornais e tv non dou feito. Hai un grupo escocés que nos pediu un videoclip, hai produtores que xa fixeron o primeiro contacto...
Se puideras escoller, a quen che gustaría poder realizarlle un videoclip deste estilo ou de imaxe real?Para seguir soñando… os meus grupos favoritos de sempre son Red Hot Chilli Peppers, Metallica, Pearl Jam, Rage Against, Offspring, Led Zeppelin,… e moitos máis como Muse, Arctic Monkeys, Linkin Park, Royal Blood, Queens of The Stone Ages, The Cinematic Orquestra… E xa a nivel español Love of Lesbian, Soziedad Alkoholika, Extremo Duro, Amaral, Triángulo de Amor Bizarro, Xoel López.