Queres contratar luz 100% verde e de orixe galega cunha tarifa única 24 horas e sen permanencia? Toma nota da nosa oferta de enerxía verde e de aquí, unida a descontos permanentes na túa factura de telecomunicacións.
En R cremos que o mercado eléctrico pode ser competitivo e, ao mesmo tempo, respectuoso co medio ambiente. Por iso lanzamos Luz e Gas R, unha oferta conxunta de enerxía e telecomunicacións. E con desconto permanente para os que xa son clientes de R.
En que consiste luz e gas R
Luz e gas de R é un servizo que ofrece luz 100% verde, producida en Galicia, e gas para fogares.
Terá un prezo fixo durante todo o día (24h) e non implica permanencia. O que si implica son descontos permanentes para os nosos clientes de telecomunicacións.
Calquera cliente/a de R que contrate o noso servizo de luz e gas terá unha rebaixa fixa de 9€ ao mes, IVE incluído (6€ pola subministración de luz e 3€ polo de gas) que se aplicará á túa factura de telecomunicacións, mentres ambos os dous servizos se manteñan activos.
Esta dedución acumúlase en cada punto de subministración. Desta maneira, se contratas o servizo para outras vivendas, como unha segunda residencia, benefíciaste dun desconto de 18€/mes (216€ ao ano) na factura de telecomunicacións.
Prezo fixo e sen compromiso
Para o lanzamento do servizo, en R estamos a ofrecer unha tarifa de luz cun custo de só 0,108€/kWh. O prezo é durante todo o día, as 24 horas. E garantímoscho durante 6 meses. A partir de aí, actualízase.
O mellor é que non tes ningún tipo de permanencia. Podes probarnos sen compromiso e ver que ofrecemos o que prometemos, ademais de beneficiarte dun desconto na túa factura de telecomunicacións de R.
No caso de que necesites gas, tamén o podes contratar connosco, a un prezo único durante todo o día.
Con app específica e Intelixencia Artificial
Xa que estamos, tamén queremos facilitarche o control do gasto utilizando a tecnoloxía máis innovadora.
Para manter as túas facturas baixo control, contamos con solucións de análise baseadas en intelixencia artificial que che recomendan automaticamente a potencia óptima a contratar. Estimamos que aproximadamente un 60% dos/as usuarios/as aforren unha media de 60€ ao ano grazas a este servizo. Tamén che ofreceremos consellos adaptados ás necesidades do teu fogar.
Por outra banda, contratando o noso servizo de luz e gas dispoñerás dunha app específica na que poderás consultar o gasto estimado para o mes con antelación, realizar o seguimento do consumo e atopar formas de mellorar a eficiencia.
R, compromiso cunha Galicia sostible
Como parte do noso compromiso con Galicia, certificamos a orixe local e renovable da enerxía.
Combinando os servizos de luz e gas de R co de telecomunicacións, entre todos contribuímos activamente á sustentabilidade e ao coidado do medio ambiente para tentar transformar o sector da enerxía en algo xusto e natural.
Como contrato luz e gas en R
O servizo de luz e gas de R xa está dispoñible para contratación a través de todas as nosas canles habituais: tendas, web e teléfonos de atención ao cliente. Podes chamarnos para calquera dúbida ou pregunta ou consultar toda a información na web luzegasR.gal
Poñémoscho moi fácil. O trámite para contratar a nosa oferta é sinxelo; non tardarás máis de 5 minutos, sen papelame nin visitas de técnicos.
Unha vez contratado o servizo, o cambio efectúase nun prazo de 3 a 5 días e sen necesidade de interromper a subministración dos servizos.
Así, desta maneira tan rápida gozarás das vantaxes de integrar servizos de telecomunicacións e de enerxía con luz e gas de R. Por unha banda, dispoñerás dunha oferta de electricidade verde e galega; por outro, terás descontos permanentes na túa factura de telecomunicacións, un beneficio único no mercado actual. Chámasnos?