Faite en R cos novos iPhone 14 e iPhone 14 Plus e paga con tranquilidade en 24 prazos sen intereses dentro da túa factura. Se es de Apple de toda a vida, está claro que non necesitas que che vendamos o bo que é. Só tes que entrar na tenda en liña móbilR e darlle ao botón “Quéroo”. E se che está tentando a mazá, imos darche unha chea de motivos para cambiar ao iPhone 14. Aínda que os teus amigos xa che dirán iso de: é que cando probas un iPhone non queres outro 😉.

Imos ver ao detalle cada unha das características do iPhone 14 e que diferenza ten o iPhone 14 co iPhone 13.

Que cambia no iPhone 14 con respecto ao iPhone 13

O salto de calidade que Apple pega no novo iPhone 14, superando ao anterior modelo iPhone 13, nótase especialmente na duración da batería, nas cámaras e no Chip A15 Bionic mellorado con 5 núcleos, fronte aos 4 do iPhone 13.

Das cámaras imos falar agora, pero, aínda que che pareza que son iguais que no 13: 12 + 12 MPX, a diferenza está nunha apertura maior da lente. Isto vaille a dar moita máis luz ás túas fotos. Ademais de que incorpora o modo Acción para os teus vídeos, entre outras cousas.

Vexámolas.

As cámaras do iPhone 14 que dan máis luz ás túas fotos

Como che diciamos, en aparencia o iPhone 14 non cambiou as cámaras, pero non é así. Apple sempre se garda un as debaixo da manga.

Cámara principal 12 MPX: 26 mm e apertura f/1,5. Esta nova lente incorpora un sensor máis grande e deixa pasar un 49% máis de luz. Así que non importa se a escena está escura.

Cámara ultra gran angular 12 MPX: 13 mm, campo de visión de 120° e apertura f/2,4. Permíteche facer perspectivas e ampliar o plano.

Ademais: flash mellorado, modo Noite e modo Retrato con efecto bokeh.

Cámara frontal TrueDepth 12 MPX: apertura f/1,9 que capta un 38% máis de luz. Agora enfoca automaticamente a varias persoas nun selfie.

iPhone 14 en R

Gravación de vídeo estable e profesional co iPhone 14

Hai dous detalles do iPhone 14 que che permitirán facer vídeos como os dun profesional do cine.

  • Modo Acción: isto é novo nos iPhone. O que fai é conseguir un resultado moi estable cando gravas a man, sen un trípode ou apoio.
  • Modo Cine: esta función estreouna no iPhone 13 e non deixa de sorprender, porque os teus vídeos parecen realizados por un director. O enfoque cambia automaticamente para centrarse no prota de cada escena. Ademais, agora déixache facer vídeos en calidade 4K a 2 f/s.

Outros detalles: cámara lenta, time-lapse mesmo de noite ou a posibilidade de facer fotos de 8MPX mentres gravas vídeo en 4K.

Deseño do iPhone 14: máis pantalla e máis resistencia

Dicir que o deseño de iPhone é unha icona parécenos unha obviedade, así que imos á chicha.

Está feito de aluminio de calidade aeroespacial, cunha parte dianteira de Ceramic Shield máis dura que outros smartphones e unha parte traseira de vidro.

Resiste tamén o po e a auga, ata 6 metros non máis de media hora.

A pantalla é Super Retina XDR con tecnoloxía OLED para maior contraste e brillo e True Tone, que se adapta á luz do exterior para que non forces os ollos.

Podes elixir entre a pantalla de 6,1 polgadas do iPhone 14 e 6,7 polgadas do iPhone 14 Plus.

Ah, e podes personalizar a pantalla de bloqueo ao teu gusto, que podes acender e apagar por recoñecemento facial Face ID.

iPhone 14 Plus en R

A batería máis duradeira nun iPhone

Esa é a que atoparás no modelo iPhone 14 Plus: 4.323 mAh. Para que te fagas unha idea, reproduce sen parar ata 26 horas de vídeo.

No caso do iPhone 14 esa cifra baixa a 20 horas, que apenas é diferenza, cunha batería de 3.279 mAh.

Sen saír do hardware, varias mencións: Chip A15 Bionic con GPU de 5 núcleos para máis velocidade no xogo, por exemplo; sistema operativo iOS 16, RAM de 6GB e memoria interna de 128GB (iPhone 14 dispoñible en R) e 256GB (iPhone 14 Plus dispoñible en R).

Último detalle que queremos contarche, porque é novidade no iPhone 14: a Detección de Accidentes. O teu iPhone detecta cambios na túa condución e recoñece as colisións para saber se tiveches un accidente. Automaticamente chamará ao 112 e aos teus contactos de emerxencia. Un plus de seguridade novo en Apple.

Xa ves aos novos modelos de iPhone non lles falta detalle. Agora tócache elixir e comprar en liña comodamente desde casa nestas ligazóns: