Que rabia dá cando che recomendan unha serie e quedas con cara de “eu non teño Amazon Prime”. Iso rematou. Únete á conversación e goza dun ano de Amazon Prime pola compra dos móbiles máis top en R.

Móbiles de altas prestacións con Amazon Prime

Móbiles de altas prestacións con Amazon Prime

Aproveita para estrear un smartphone premium e ver as pelis e as series das que todo o mundo fala durante todo un ano.

Podes elixir entre o último de Samsung ou a gama estrela de Oppo. Todos teñen cámaras moi boas, velocidade e potencia, ou baterías que cargan nun abrir e pechar de ollos. Ao final cada un dálle máis importancia a unha destas características.

Deixámosche algúns datos para que elixas en función das túas necesidades:

Oppo Find X3 Lite | 5G: por 16€/mes
  • cámara traseira: 64+8+2+2 MPX
  • cámara frontal: 32 MPX
  • pantalla: 6.4”
  • almacenamento: 128GB
  • RAM: 8GB
  • batería: 4300 mAh
  • velocidade de carga rápida: 65W
Samsung Galaxy A52 | 5G: dende 17€/mes
  • cámara traseira: 64+12+5+5 MPX
  • cámara frontal: 32 MPX
  • pantalla: 6.5”
  • almacenamento: 128GB
  • RAM: 6GB
  • batería: 4500 mAh
  • velocidade de carga rápida: 25W

E tamén leva un ano de Amazon Prime cos Samsung Galaxy S21 e Samsung Galaxy S21+.

Vantaxes de ser Prime

Un ano de Amazon Prime dá para moitos envíos de balde e para todo isto:

  • envíos rápidos, gratis e ilimitados sen custo adicional
  • almacenamento de fotos gratis e ilimitado
  • Prime Reading, Amazon Music, Prime Gaming
  • series Amazon Originals, só en Prime Vídeo
  • películas e series do trinque todas as semanas
  • podes velo no noso deco 4K e gozalo na túa TV de forma sinxela
Qué empiezo a ver en Amazon Prime Video

Que empezo a ver en Amazon Prime Video?

Na portada de rebobina do teu deco 4K poderás acceder directamente a ‘Lo mejor de Prime Vídeo. A selección de títulos listados para ti coas últimas novidades e as estreas máis relevantes.

Pero sen dúbida, hai tres producións orixinais de Amazon que tes que ver si ou si:

‘The Boys’

Enfoque irreverente do que pasa cando os superheroes, tan famosos como as celebridades, tan influentes como os políticos e tan venerados como os deuses, abusan dos seus superpoderes no canto de utilizalos para facer o ben. Goza xa das dúas tempadas da serie.

‘La templanza’

Estreouse o pasado mes de marzo e a serie está baseada na novela de María Dueñas. Descubre a historia de Mauro Larrea e de Soledad Montalvo, dous descoñecidos cuxos destinos se cruzarán na segunda metade do século XIX, o que fará que as súas vidas cambien para sempre. Unha historia de glorias e derrotas, intrigas de familia, viñas, adegas e cidades fascinantes cuxo esplendor se desvaneceu no tempo.

‘Borat Subsequent Moviefilm’

Volve Sacha Baron Cohen como Borat Margaret Sagdiyev. Nesta secuela, Borat debe entregar un prodixioso suborno ao réxime dos Estados Unidos para beneficio da antes gloriosa nación de Casaquistán.

Por cal vas empezar? Estrea smartphone en móbilR e dáte un bo maratón de Amazon Prime.