Pensando xa en cargar o coche coa antuca, a neveira, o colchón inchable…? Deixa un oco para o plan perfecto das túas vacacións, -se non queres botar a novena partida de cartas co teu cuñado-: unha tablet Lenovo Smart Tab M10 HD Plus con Alexa e Netflix Fan de agasallo durante os 3 primeiros meses. Divírtete o dobre con R por só 7€ ao mes.

A túa tablet convértese nunha pantalla intelixente con Alexa

A Lenovo Smart Tab M10 HD Plus vén cun smart dock (base intelixente) para que coloques a tablet enriba. Así se converte automaticamente nunha pantalla intelixente con Alexa.

Se a queres levar á praia, desartéllala da base e listo. Nin a notarás na bolsa porque ten 10,1”, pesa moi pouquiño, 480 g, e é moi fina, só 7,4 mm.

Podes pedirlle a Alexa que che poña a canción do verán en Spotify, que atope o chiringuito máis próximo ou que che diga o tempo que vai facer por se tes que coller unha ‘rebequiña’, que no norte xa se sabe 😉.

E todo isto sen usar as mans, só tes que dicir: “Alexa, fai isto”. Por exemplo: “Alexa, abre Netflix”.

Netflix Lupin Parte 2

Netflix Fan de agasallo durante 3 meses para o verán

Cambia o tute por “Lupin”. En R regalámosche os 3 primeiros meses de Netflix Fan coa Lenovo Smart Tab M10 HD Plus para que goces das túas series e pelis favoritas estas vacacións, no canto de xogar ás cartas.

Como xa sabes Netflix Fan inclúe unha subscrición a Netflix e 10GB extra todos os meses na liña de móbilR que elixas, por se non hai wifi preto.

E agora, a gozar de Netflix na túa tablet Lenovo con Alexa. Utiliza estes comandos de voz:

  • Para abrir Netflix di “Alexa, inicia Netflix” ou “Alexa, abre Netflix”.
  • Para buscar ou explorar é mellor que engadas “en Netflix” cando queiras buscar, explorar ou reproducir unha serie ou película; por exemplo: “Alexa, muéstrame películas de Tom Cruise en Netflix” ou “Alexa, busca ‘Stranger Things’ en Netflix”.
  • Para reproducir unha serie ou película dille o nome do contido que queres ver. Por exemplo: “Alexa, reproduce ‘El Irlandés’ en Netflix”.
  • Para controlar a reprodución di “pausar”, “reproducir”, “avanzar rapidamente” ou “retroceder”.

Dous detalles importantes: lémbralle ao avó que se chama Alexa, non Alexia; e, non fai falta que grites, Alexa non está xorda 😉.

Consigue xa en R a túa tablet Lenovo Smart Tab M10 HD Plus con Alexa e Netflix Fan de agasallo durante os 3 primeiros meses por só 7€/mes.