Día das letras Galegas: curiosidades, autores homenaxeados…
O 17 de maio é unha data marcada no calendario para todos/as os/as galegos. É o momento de lle render homenaxe á nosa lingua e á nosa literatura. Pero, canto sabes do Día das Letras Galegas?
Poñémosche a proba 😉.
9 curiosidades do Día das Letras Galegas
- O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio en homenaxe á data de publicación do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro: Cantares Gallegos (17 de maio de1863).
- Precisamente Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada cen anos máis tarde, en 1963.
- Tras ela, outras catro mulleres foron recoñecidas na historia: Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021).
- Só houbo unha homenaxe conxunta na súa historia. Foi en 1998 e dedicóuselles aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho.
- Xa van 59 anos de celebración.
- Dende 1991, 28 anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festivo oficial en Galicia.
- A sede da RAG atópase na Coruña, na que foi residencia familiar de Emilia Pardo Bazán, e precisamente alí atópase a súa Casa Museo.
- O pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, que se celebra sempre o 17 de maio, tivo que trasladarse en 2020 a decembro debido á COVID-19.
- O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, elixe cada ano por votación popular a Palabra do Ano. En 2021 foi ‘Tanxugueiras’, en 2020 foi ‘nós’ e en 2019 gañou ‘sentidiño’.
A quen se lle dedica o Día das Letras Galegas
Para resultar elixido/a, a Real Academia Galega ten en conta dous requisitos:
- Ser autor/a dunha obra relevante en galego.
- Que teñan pasado 10 anos entre a súa morte e a designación para ese día.
Non todos os autores homenaxeados naceron en Galicia. Un par de exemplos son os casos do rei Alfonso X o Sabio, que naceu en Toledo, pero escribía en galego-portugués.
Outro caso moi significativo é o de María Vitoria Moreno, que naceu en Valencia de Alcántara, Cáceres, pero que en 1963 se trasladou a vivir a Pontevedra. Ou frei Martín Sarmiento, que era de Vilafranca do Bierzo.
Escritores aos que se lles dedicou o Día das Letras Galegas
Queres saber a que autores se lles homenaxeou anteriormente o 17 de maio? Aquí che deixamos a relación de todos os escritores aos que se lles dedicou o Día das Letras Galegas por ano:
- 1963: Rosalía de Castro
- 1964: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- 1965: Eduardo Pondal
- 1966: Francisco Añón
- 1967: Manuel Curros Enríquez
- 1968: Florentino López Cuevillas
- 1969: Antonio Noriega Varela
- 1970: Marcial Valladares Núñez
- 1971: Gonzalo López Abente
- 1972: Valentín Lamas Carvajal
- 1973: Manuel Lago González
- 1974: Xoán Vicente Viqueira
- 1975: Xoán Manuel Pintos Villar
- 1976: Ramón Cabanillas
- 1977: Antón Villar Ponte
- 1978: Antonio López Ferreiro
- 1979: Manuel Antonio
- 1980: Alfonso X el Sabio
- 1981: Vicente Risco
- 1982: Luis Amado Carballo
- 1983: Manuel Leiras Pulpeiro
- 1984: Armando Cotarelo Valledor
- 1985: Antón Losada Diéguez
- 1986: Aquilino Iglesia Alvariño
- 1987: Francisca Herrera Garrido
- 1988: Ramón Otero Pedrayo
- 1989: Celso Emilio Ferreiro
- 1990: Luis Pimentel
- 1991: Álvaro Cunqueiro
- 1992: Fermín Bouza Brey
- 1993: Eduardo Blanco Amor
- 1994: Luis Seoane
- 1995: Rafael Dieste
- 1996: Xesús Ignacio Ferro Couselo
- 1997: Ánxel Fole
- 1998: Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
- 1999: Roberto Blanco Torres
- 2000: Manuel Murguía
- 2001: Eladio Rodríguez
- 2002: Fray Martín Sarmiento
- 2003: Antón Avilés de Taramancos
- 2004: Xaquín Lorenzo, Xocas
- 2005: Lorenzo Varela
- 2006: Manuel Lugrís Freire
- 2007: María Mariño
- 2008: Xosé María Álvarez Blázquez
- 2009: Ramón Piñeiro López
- 2010: Uxío Novoneyra
- 2011: Lois Pereiro
- 2012: Valentín Paz Andrade
- 2013: Roberto Vidal Bolaño
- 2014: Xosé María Díaz Castro
- 2015: Xosé Filgueira Valverde
- 2016: Manuel María
- 2017: Carlos Casares
- 2018: María Victoria Moreno Márquez
- 2019: Antón Fraguas
- 2020: Ricardo Carvalho Calero
- 2021: Xela Arias
- 2022: Florencio Delgado Gurriarán
Quen será o próximo? Cóntanos os/as teus/túas candidatos/as nos comentarios.
Feliz Día das Letras Galegas para todos e todas!

1 comentario
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Mi hijo está muy contento porque estudia en el colegio donde estudió Xela Arias … Lo que para ellos significa mucho…es un ejemplo cercano…mi hijo tiene 5 años y sabe todo sobre Xela Arias…