Queres coñecer de primeira man a cobertura de fibra óptica de R? Queres saber onde ofrece R internet con 100, 200 ou 500 megas? Esta é a túa páxina.

En R (non o confundas con mundo-R que é o nome da nosa web web) levamos desde o ano 1998 cavando gavias, removendo terra e asfalto para chegar ao teu fogar, á túa tenda, bar, nave ou alí onde nos precises. Para poder ofrecerche os nosos servizos de internet.

Nesta entrada podes ver un repositorio coa cobertura de R en todos os núcleos nos que damos fibra en Galicia. Son xa uns 130 concellos nos que temos presenza coa nosa rede de fibra óptica.

Este ano 2019 vimos de chamar ás portas de Meaño, Ribadumia e Monterroso! Para saber se tes servizo de fibra de R no teu domicilio, establecemento ou sede, consulta a cobertura neste enlace.

A fibra óptica de R por núcleos

Se queres, tamén podes comprobar neste mapa os núcleos nos que xa temos depregada rede de fibra óptica neste momento en Galicia: