Os municipios lugueses de Lourenzá, Barreiros e Palas de Rei xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
En R vimos de rematar alí parte dos traballos de despregamento da rede de fibra óptica, que aproveitaron ao máximo as infraestruturas municipais destas localidades. En total, arredor de 900 fogares e empresas dos concellos de Lourenzá, Barreiros e Palas de Rei quedarán preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de alta velocidade e televisión dixital multicanle de R.
Ademais, o núcleo de Río Covo, na localidade luguesa de Cervo, que xa estaba conectada á rede de fibra do operador galego conta tamén dende agora cos nosos accesos de ata 350 megas.
Tamén en Muros e Cuntis
A mellora también aplica a máis de 200 fogares e empresas de Muros, que teñen agora dispoñible telecomunicacións a través de fibra óptica.
De igual xeito, 500 casas e negocios do municipio pontevedrés de Cuntis quedaron xa preparados para recibir os nosos servizos de telecomunicacións.
8 millóns de investimento e fondos europeos
Todos estes despregamentos na provincia de Lugo forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que en R somos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o edificio) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.
Xunto co das provincias de Lugo e Ourense, conseguimos tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para a provincia da Coruña e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Nas provincias de Lugo e Ourense o investimento total supera os 785.000 euros, dos cales máis de 430.000 proceden dos fondos europeos.
Servizos avanzados para máis de 30.000 novos fogares e empresas
Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto e moito máis cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Imaxe de Antonio Periago