Os municipios coruñeses de Abegondo e Cerceda xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

En R vimos de rematar alí parte dos traballos de despregamento da rede de fibra óptica, que aproveitaron ao máximo as infraestruturas municipais de ambas as dúas localidades. Arestora son arredor de 600 os fogares e empresas dos concellos de Abegondo e Cerceda preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de alta velocidade e televisión dixital multicanle de R, e chegarán a preto de 800 cando se complete o despregamento.

Ademais, núcleos doutras localidades coruñesas que xa estaban conectadas á nosa rede de fibra óptica contan tamén dende agora con accesos de ata 350 megas con R. É o caso dos lugares de Vilar (Ordes), A Barcia (Santiago de Compostela) e Costa Miño Golf (Miño).

8 millóns de investimento e fondos europeos

Todos estes despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que en R fomos adxudicatarios en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o edificio) nas chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade ata este momento.

Xunto co de A Coruña, conseguimos tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo e Ourense, e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia de A Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos cales 2,1 proceden dos fondos europeos.

Servizos avanzados para máis de 30.000 novos fogares e empresas

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas “zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia. Entre eles, ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira, Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. Todo isto e moito máis cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de rawpixel