Os/as clientes/as de R dos núcleos de Tomiño conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, con posibles accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.
Todo grazas á nova rede de fibra de R que o operador galego está a modernizar nas catro provincias de Galicia dende a pasada primavera.
Despregadura de rede
R terminou recentemente outro tramo das tarefas de despregadura da súa rede de fibra en Tomiño, aproveitando ao máximo as infraestruturas do núcleo de Medos, onde esta vez quedaron conectados 99 novos inmobles.
O operador galego xa acometera con anterioridade en Tomiño -noutro capítulo do Plan Avanza que tamén lle adxudicou o Ministerio- a despregadura das súas redes nos núcleos do Seixo, Goián, Gándara, Lago, O Barro, Avenida de Brasil, Tollo e O Cotro, actuacións coas que daquela se conectaran ás redes avanzadas de R arredor de 1.700 vivendas e empresas deste concello da bisbarra do Baixo Miño, ao sur da provincia.
Cando rematen as despregaduras enmarcadas no vixente Plan Avanza no que R traballa arestora, arredor de 2.151 fogares e negocios teranse unido xa a esa modernísima rede de fibra de R noutros núcleos do concello de Tomiño como Bravos, Granxola, Aldea, Gabín, Ramo, Sobre a Veiga, Solleiro, Soutelo, A Costa, O Mosteiro, Paredes, A Pedra e Santa Rosa.
O sudoeste de Galicia suma máis fibra óptica FTTH
Tomiño está situado na comarca do Baixo Miño e ten fronteira natural con Portugal.
Ao país veciño mira dende o alto do monte Tetón, que posúe un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes do sur de Europa, e dende a Serra do Argallo, un enclave natural no que se atopan rochas que adoptan as formas máis inverosímis.
O seu patrimonio arquitéctonico é tamén moi extenso, destacando as súas casas indianas, edificios relixiosos de estilo románico e a defensiva Fortaleza de San Lourenzo.
Doutra banda, a proximidade do mar e do río dota a Tomiño de bo peixe e marisco, sendo a lamprea a gran protagonista da súa cociña, xunto coa rosca tomiñesa, que conta con festa gastronómica na súa honra.
Agora, Tomiño dispón de máis conexións á rede de fibra óptica FTTH que R está a despregar en Galicia.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Tomiño enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.
A rede máis rápida do mercado para os/os clientes/as de R
Os/as clientes/as de R dos núcleos de Tomiño conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, coa posibilidade de accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional. Estas vantaxes vanse traducir, entre outras cousas, nunha cobertura óptima dos servizos de R nos fogares e nunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.
A nova rede de R, a máis rápida de España segundo o prestixioso estudo da empresa francesa nPerf, utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente aos fogares e permite velocidades simétricas (iguais de suba e de baixada) en toda a súa extensión. É a última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming… etc. Un sistema que permite habilitar eses accesos de ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual e ata 8 veces máis capacidade de subida.
Cambio de equipos gratuíto e 5G
A medida que se vai despregando a nova rede, os/as clientes/as de R son avisados/as e informados/as dos pasos deben seguir para cambiar os seus equipos por outros de nova xeración, máis avanzados, de forma totalmente gratuíta. E as novas altas de R xa están a contratar maioritariamente sobre a nova rede de fibra óptica.
Cando en 2022 se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración. Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.
Con esta infraestrutura de última xeración que R desprega dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.
Imaxe de Concello de Tomiño: vila de Tomiño.