342 novos fogares e negocios dos núcleos de Cerneda, A Igrexa, Ferrería, Monte, Penedo, Vilar, Trasiglesia e Orto de arriba, en Abegondo (A Coruña), xa teñen acceso á nova rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH) que estamos a modernizar nas catro provincias galegas.

Grazas a esta despregadura, os veciños desta localidade xa poden dispoñer de accesos simétricos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas, gozar de maior cobertura coa tecnoloxía wifi 6 e dispoñer de tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.

Consultar cobertura de fibra en Abegondo

Despregadura de rede

Rematado outro treito das tarefas de despregadura da nosa rede de fibra en Abegondo, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos devanditos núcleos, quedaron conectados 342 novos fogares e negocios. Estes traballos únense aos desenvolvidos con anterioridade para incorporar inmobles tamén noutros núcleos de Peneda, Cerneda, A Igrexa, Ferrería, Monte, Penedo e Cancelada, igualmente no marco do Plan Avanza.

Este recente capítulo do Plan Avanza e R que agora remata deixa 900 residencias e empresas preparadas coa fibra máis moderna do mercado en Abegondo.

A fibra óptica FTTH esténdese polo interior da Coruña

Abegondo é terra de ríos: Mero, Barcés e Gobia.

Situada na comarca natural das 'Mariñas dos Frades’, conta no seu rico patrimonio con casas solariegas, pazos, castros e cruceiros.

Así, o concello de Abegondo acolle construcións como as Torres de San Tirso de Mabegondo ou a Casa de Felipe II, na que este monarca descansou cando embarcou dende a Coruña cara a Inglaterra para contraer matrimonio con María Tudor.

O seu Cruceiro bonito, de estilo bretón e cuxa construción data do ano 1787, é unha peza única en Galicia.

Para os amantes da natureza, o encoro de Cecebre é un lugar único no que cohabitan multitude de especies autóctonas de flora e fauna.

Patrimonio histórico, natureza e, tamén en Abegondo, servizos tecnolóxicos, para continuar avanzando e competindo a todos os niveis: R leva agora á localidade das Mariñas a súa renovada rede de fibra óptica, con accesos simétricos de ata 10 xigas.

Que vantaxes ten a fibra óptica FTTH de última xeración de R?

A transformación desta nova rede permite alcanzar unha cobertura óptima dos nosos servizos nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Esta nova rede dáche moito máis, por iso a chamamos fibra MAX.

Ver ofertas de fibra + móbil en Abegondo
  • Tecnoloxía baseada no estándar XGS-GPON: preparada para simultanear tarefas de formación, teletrabajo, gaming, streaming ou videochamadas. Este estándar permite alcanzar velocidades simétricas de ata 10 xigas, é dicir, 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual, e 8 veces máis de capacidade de subida.
  • Wifi 6 para maior cobertura: a mellor tecnoloxía wifi do mercado, con sistema “dual band” ou frecuencia dual e selección de banda intelixente que chega a todos os recunchos do fogar. Trátase dun novo estándar de transmisión sen fíos: a “sexta xeración” wifi, máis eficiente en cobertura, máis rápida, máis segura (WPA3), con menor gasto enerxético, menos interferencias e unha xestión óptima en ata 200 dispositivos á vez.

Cambiámosche o equipamento de forma gratuíta

Se es cliente de R en Cerneda, A Igrexa, Ferrería, Monte, Penedo, Vilar, Tras da Igrexa ou Orto de Arriba contactaremos contigo para cambiarche gratuítamente o equipo. Así poderás disfrutar de WiFi 6 e decodificador Android 4K, que integra Netflix e Amazon e a posibilidade de instalar apps e xogos en calidade 4 veces maior que o HD.

Estamos a despregar a nova rede FTTH en toda Galicia

Cando ao longo deste ano se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración.

Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.

Con esta infraestrutura de última xeración que en R estamos a despregar dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros desenvolvementos de rede na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Abegondo enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destínase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, chegamos por primeira vez coas nosas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.

Imaxe de Turismo de Galicia: paisaxe de Abegondo.