Un total de 420 inmobles dos núcleos de Barciela, Muíño, Pazos Nores e Pousada, no concello pontevedrés de Vilaboa, xa teñen acceso á nova rede de fibra óptica ata o fogar (FTTH) que estamos a modernizar nas catro provincias galegas.

Grazas a esta despregadura, os veciños desta localidade xa poden dispoñer de accesos simétricos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas, gozar de maior cobertura coa tecnoloxía wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional.

Despregadura de rede

Quizais lembres que o concello de Vilaboa se uniu hai poucos meses á listaxe de municipios galegos con conexión directa á nosa rede de fibra óptica.

Daquela imcorporamos preto de 150 inmobles dos núcleos de Costal, Magarella, Barciela e Larache á nosa infraestrutura ultrarrápida. A esa cantidade súmanse agora no municipio pontevedrés 420 novos negocios e fogares dos núcleos de Barciela, Muíño, Pazos, Nores e Pousada que xa poden gozar tamén de accesos ultrarrápidos a Internet e doutros servizos de telecomunicacións de última xeración.

R chega, desta maneira, a unha segunda fase dos traballos de despregadura de rede neste concello da Ría de Vigo, aproveitando ao máximo as infraestruturas municipais dos devanditos núcleos. Cando remate esta fase do Plan Avanza, deixaremos conectadas preto de 600 residencias e empresas de Vilaboa, tamén noutros núcleos como o de Balteiro.

Máis fibra para a provincia de Pontevedra

O concello de Vilaboa, situado ao fondo da Ría de Vigo, atópase situado entre as dúas cidades máis importantes da provincia: Pontevedra e Vigo.

Á situación privilexiada une as súas praias de augas tranquilas, como a de Deilán. Xa no interior, atópase un dos seus grandes atractivos naturais, o Parque de Cotorredondo, coroado por un Miradoiro dende o que se poden ver as Illas Cíes, as Ons, Sálvora e a Ría de Arousa.

Vilaboa conta tamén con varios ‘canastros’ (hórreos) de gran valor etnolóxico repartidos polas distintas parroquias, todos eles con máis dun século de existencia.

Dende agora, este municipio da provincia de Pontevedra une paisaxe, patrimonio e desenvolvemento tecnolóxico da man da nosa moderna rede de fibra óptica, que pode ofrecer accesos simétricos de ata 10 xigas.

Que vantaxes ten a fibra óptica FTTH de última xeración de R?

A transformación desta nova rede permite alcanzar unha cobertura óptima dos nosos servizos nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Esta nova rede dáche moito máis, por iso a chamamos fibra MAX.

Consulta aquí se chega fibra MAX á túa casa.
  • Tecnoloxía baseada no estándar XGS-GPON: preparada para simultanear tarefas de formación, teletrabajo, gaming, streaming ou videochamadas. Este estándar permite alcanzar velocidades simétricas de ata 10 xigas, é dicir, 4 veces máis capacidade de descarga que a tecnoloxía actual, e 8 veces máis de capacidade de subida.
  • Wifi 6 para maior cobertura: a mellor tecnoloxía wifi do mercado, con sistema “dual band” ou frecuencia dual e selección de banda intelixente que chega a todos os recunchos do fogar. Trátase dun novo estándar de transmisión sen fíos: a “sexta xeración” wifi, máis eficiente en cobertura, máis rápida, máis segura (WPA3), con menor gasto enerxético, menos interferencias e unha xestión óptima en ata 200 dispositivos á vez.

Cambiámosche o equipamento de forma gratuíta

Se es cliente de R en Barciela, Muíño, Pazos, Nores ou Pousada contactaremos contigo para cambiarche gratuítamente o equipo. Así poderás disfrutar de WiFi 6 e decodificador Android 4K, que integra Netflix e Amazon e a posibilidade de instalar apps e xogos en calidade 4 veces maior que o HD.

Estamos a despregar a nova rede FTTH en toda Galicia

Cando ao longo deste ano se completen os traballos de despregamento da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración.

Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.

Con esta infraestrutura de última xeración que en R estamos a despregar dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Vilaboa enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, chegamos por primeira vez coas nosas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.

Imaxe de Concello de Vilaboa: vista aérea de Vilaboa.