O municipio pontevedrés de Tomiño conta con 70 novos fogares e negocios do núcleo de Sobre a veiga conectados ás redes avanzadas de R. Grazas ao operador galego, todos eles poden desfrutar xa de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e doutros servizos de telecomunicacións de última xeración.
500 megas
R xa acometera con anterioridade en Tomiño -noutro capítulo do Plan Avanza que tamén lle adxudicara o Ministerio- a despregadura das súas redes nos núcleos do Seixo, Goián, Gándara, Lago, O Barro, Avenida de Brasil, Tollo e O Cotro, actuacións coas que se conectaron ás redes avanzadas de R arredor de 1.700 vivendas e empresas aproveitando ao máximo as infraestruturas municipais deste concello da bisbarra do Baixo Miño, ao sur da provincia. Coa recente activación destes 70 novos inmobles de Sobre a veiga, a cifra de fogares e negocios conectados á rede de R achégase a 1.770, e a previsión fala de 600 máis a peche de 2021, co que Tomiño comezaría 2022 con 2.370 inmobles preparados para recibir todos os servizos avanzados de telecomunicacións de R.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Esta e outras despregaduras na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxesen de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ están sendo subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, esta última despregadura en Tomiño, no núcleo de Sobre a Veiga, encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€. Un segundo proxecto fala igualmente da despregadura de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destínase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.
65.000 fogares e negocios conectados a peche de 2021
Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital.
A estes traballos hai que lles unir as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para achegarlles tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están en fase de comercialización, ás redes de nova xeración de R.
Deste xeito, ao remate dos dous plans, preto de 65.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a Tomiño e tamén a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos municipios do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía e Ponte Caldelas.
Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.
Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Imaxe de Concello de Tomiño.