Os habitantes dos núcleos de Lestido, Vista Alegre, e Piñeiro, no municipio coruñés de Padrón, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

500 megas

Trátase dun total de 84 novos fogares e negocios que se conectan por vez primeira á rede de R. Esta cifra de inmobles de Lestido, Piñeiro e Vista Alegre, cómpre sumala á doutras 165 vivendas e empresas dos núcleos padroneses de Anteportas, Escravitude, Romarís, Tarrío e Vilar, que quedaran xa en disposición de recibir os servizos do operador galego a finais de 2020.

R vén de rematar nestas zonas do municipio coruñés de Padrón, parte das tarefas de despregamento da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos lugares, de xeito que arredor de 250 novos fogares e negocios poden dispoñer a día de hoxe dos servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R.

Cando tras o exercicio de 2021 se complete o despregamento en Padrón no marco do Plan Avanza, a localidade coruñesa contará cuns 600 novos fogares e empresas con conexión ás redes de nova xeración do operador galego.

A maiores, R leva tempo investindo no despregamento de infraestruturas en Padrón, onde a día de hoxe xa dispoñen de cobertura das súas redes avanzadas outros 827 fogares e empresas do municipio.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñan de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento en Padrón encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.

65.000 fogares e negocios conectados antes de 2021

Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R a outros 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

De feito, só no marco do Plan Avanza, R chegou por vez primeira coas súas redes de nova xeración nos últimos 3 anos a núcleos das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade como Tomiño, O Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Muxía, Moraña, Guitiriz, Abegondo, Ribadumia, Combarro e Ponte Caldelas.

Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina e Netflix, entre outras vantaxes, para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, os clientes de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello de Padrón.