Burela, en plena Mariña Lucense, exerce de privilexiado balcón ao Cantábrico. E agora sóbese aínda máis á modernización tecnolóxica coa axuda da rede de fibra ultrarrápida de R.
Se es de Burela e che interesa internet para a túa casa ou negocio, continúa lendo porque che contamos que xa tes acceso á rede máis moderna de fibra óptica.
Consultar cobertura de fibra en BurelaA oferta de fibra máis completa en Burela
Para que te fagas unha idea, ata catro veces máis velocidade, un protocolo seguro, chamadas ilimitadas, tele en calidade 4K… Queres saber máis sobre a nosa rede de fibra?
• Ata 10 Gb simétricos de velocidade. Coa mesma velocidade de baixada e subida e preparada para o futuro. É dicir, que os clientes particulares xa dispoñen de 1 Gb, pero o noso internet é capaz de chegar aos 10 Gb.
• Wifi 6 universal e máxima seguridade. Grazas ás 16 antenas do sistema wifi 6, dispoñerás de ata 4 veces máis cobertura de rede de alta velocidade. O que necesitas para usar internet dende calquera recuncho, aínda que non esteas á beira do router.
• Sen lag nin retardos. Grazas á nosa conexión aos mellores servidores, consegues a mellor experiencia gaming.
• Con deco Android 4K incluído. Apetéceche devorar en altísima definición as series e pelis de plataformas como Prime Video ou Netflix? Co noso deco podes converter a túa tele nunha flamante Smart TV con conexión a internet e ademais descargar as túas apps favoritas.
Suma xigas ilimitados á túa liña móbil
Se ademais contratas a túa tarifa de móbil con R terás xigas ilimitados e contarás coas vantaxes da tecnoloxía 5G alí onde xa está a funcionar e sempre que o teu teléfono o permita.
Porque en R aumentamos as antenas móbiles para que goces da mellor cobertura móbil en Burela. E alí onde pilles 5G, poderás navegar máis rápido pagando o mesmo.
E todo o teu consumo veralo reflectido a final de mes nunha mesma factura, aforrando papel e diñeiro.
Ver ofertas de fibra + móbil en BurelaContrata fibra e móbil en Burela
Unirte á familia fibra MAX é moi sinxelo, tanto se es novo/a cliente/a coma se levas toda a vida connosco/as.
Se aínda non es cliente/a, podes chamarnos ou entrar na nosa web. Verás o rápido que instalamos na túa casa todo o necesario para que goces das vantaxes de fibra MAX.
Se xa es cliente/a, chamarémoste cando fibra MAX estea dispoñible na túa zona.
Cobertura de fibra óptica en Burela
Se vives en Burela, quizais xa teñas contratada a oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R e sexas algún/a das 6.000 vivendas e negocios que xa gozan da nosa rede FTTH que leva a fibra ata o fogar.
Se aínda non hai na túa zona, non te preocupes, porque imos seguir ampliando a cobertura de fibra en Burela.
Deste xeito, poderás gozar de velocidade da internet simétrica na túa localidade. É dicir, á hora de subir un vídeo, por exemplo, terás os mesmos megas que á hora de descargar un arquivo ou ver unha serie.
Burela, un enclave pesqueiro que mira ao Cantábrico
Co Mar Cantábrico ao norte, a Serra do Xistral ao sur e situada na Mariña Lucense, Burela é unha localidade eminentemente mariñeira.
A pesca é o motor da economía burelá, que ademais se basea en artes sostibles. Non é de estrañar que o seu porto e a súa lonxa sexan referentes nacionais e europeos en produtos como o Bonito do Norte ou a Pescada do Pincho.
A tradición pesqueira está detrás dun dos grandes reclamos turísticos de Burela: o seu Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen", no que podes descubrir os segredos da vida a bordo alá polos anos 60.
Burela tamén conta con boas praias, como A Marosa, e fantásticas calas, como a do Cabaliño ou Ril.
Para gozar das mellores vistas da zona e da costa cantábrica, achégate ao Miradoiro de Monte Castelo.
Se che apetece gozar da natureza, toma nota das súas rutas xeolóxicas, que percorren o “geosite” burelao composto por unha ampla variedade de rocas, pregues e fallas.
E non podemos esquecernos do seu patrimonio, que inclúe castros onde atopamos xoias como o Torques de Burela, unha xoia celta elaborada en ouro macizo.
Burela encara agora o futuro co mesmo dinamismo pesqueiro de sempre, pero axudándose tamén da nova rede de fibra máis moderna do mercado, a que chega da man de R.
Imaxe de: Turismo de Galicia.