A fibra óptica máis rápida e as tarifas de móbil con xigas ilimitados de R xa chegaron ás Pontes de García Rodríguez. Segue lendo e descubrirás as vantaxes da nosa fibra MAX :)
Consultar cobertura de fibra nas PontesCobertura de fibra nas Pontes de García Rodríguez
Case 5.000 negocios e vivendas particulares das Pontes gozan xa de acceso á nosa fibra simétrica que chega directamente ata o fogar (FTTH).
O noso obxectivo é posicionarnos como o operador con máis cobertura de fibra propia da localidade, así que seguimos a traballar para levar a mellor internet ao maior número posible de veciños/as das Pontes.
E, en xeral, a cada recuncho de Galicia.
Cales son as vantaxes da fibra de R nas Pontes?
Engade xigas ilimitados no móbil á túa oferta de fibra MAX
Leva o pack completo: fibra e móbil.
Se tamén contratas o teu móbil con R, terás unha tarifa de datos ilimitados, chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais e 60 minutos a móbiles. Se o teu móbil é compatible, poderás gozar, ademais, das vantaxes da cobertura 5G alí onde xa teñamos despregada esta tecnoloxía.
A final de mes, terás reunidos nunha mesma factura os teus consumos de fibra e móbil. Cómodo, eficiente e un pouquiño máis económico.
Ver ofertas de fibra + móbil nas PontesContratar ou cambiar a fibra nas Pontes de García Rodríguez
Se aínda non es cliente/a, consulta a nosa web para coñecer en detalle as vantaxes da oferta de fibra e móbil. Ou chámanos e resolveremos encantados/as todas as túas dúbidas.
Se xa es cliente/a, chamarémoste nós en canto a rede de fibra MAX estea dispoñible na túa zona. Concertamos cita contigo e, sen ningún custo para ti, achegámonos ao teu domicilio para instalarche os nosos equipos.
As Pontes, patrimonio e industria
As Pontes de García Rodríguez naceu ao redor da ribeira do Río Eume, alí onde localizamos hoxe a zona máis antiga da vila.
O casco antigo é un dos seus grandes tesouros e do seu patrimonio sobresaen tres pontes: Ponte Romana, Ponte dos Ferros e Ponte de Isabel II. Tamén conta con belas igrexas, entre as que destacan Santa María de Vilavella ou San Vicente de Pontoibo.
As Pontes é un concello con gran tradición en festas, feiras e mercados. Son moi populares a Feira do Grelo, que se celebra cada domingo de Entroido; a Feira do Queixo e Mel, que ten lugar en outubro; e a Feira de Fungos e Cogumelos, en novembro.
Vangarda e modernización tecnolóxica nas Pontes de García Rodríguez
A localidade sobresae pola súa vertente máis vangardista. As Pontes acolle un dos festivais de arte urbana máis representativos de Galicia, EnPezas, que enche a localidade de coloridos e orixinais murais de artistas locais e internacionais.
As Pontes é un importante núcleo industrial. Conta cunha central térmica, o Poboado de As Veigas e un gran lago artificial xurdido da reconversión da maior mina de lignito ao descuberto de España.
Unha industria que agora recibe un novo empuxón á súa dinamización tecnolóxica grazas á nova rede de fibra óptica de R.
Imaxe: Concello das Pontes.