A fibra óptica máis rápida e as tarifas de móbil con xigas ilimitados de R xa chegaron ás Pontes de García Rodríguez. Segue lendo e descubrirás as vantaxes da nosa fibra MAX :)

Consultar cobertura de fibra nas Pontes

Cobertura de fibra nas Pontes de García Rodríguez

Case 5.000 negocios e vivendas particulares das Pontes gozan xa de acceso á nosa fibra simétrica que chega directamente ata o fogar (FTTH).

O noso obxectivo é posicionarnos como o operador con máis cobertura de fibra propia da localidade, así que seguimos a traballar para levar a mellor internet ao maior número posible de veciños/as das Pontes.

E, en xeral, a cada recuncho de Galicia.

Cales son as vantaxes da fibra de R nas Pontes?

  • Ata 10Gb simétricos de velocidade de internet. É dicir, unha conexión ata 4 veces máis rápida que outras fibras e con igual velocidade de subida que de baixada. Os nosos usuarios/as particulares xa gozan de 1 Gb pero está preparada para chegar aos 10 Gb.
  • Maior cobertura, velocidade e seguridade. O noso sistema wifi 6 de 16 antenas permíteche navegar a pleno rendemento aínda que te afastes un pouco do router. E o protocolo inalámbrico WPA3, o máis seguro do mercado, ocúpase de coidar que navegues sen sorpresas de seguridade inesperadas.
  • Sen retardos, lag-free. Podes despedirte dos problemas de latencia ou ping grazas á nosa conexión directa cos principais servidores de gaming e plataformas como twitch.
  • Deco Android 4K incluído. Para que convertas a túa pantalla nunha Smart TV e accedas ás mellores plataformas de streaming en 4K. Ademais, o noso decodificador conta con sistema operativo Android para que descargues as túas apps favoritas, dáche acceso a rebobina e dispón de funcionalidades avanzadas como o control do directo.
  • Engade xigas ilimitados no móbil á túa oferta de fibra MAX

    Leva o pack completo: fibra e móbil.

    Se tamén contratas o teu móbil con R, terás unha tarifa de datos ilimitados, chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais e 60 minutos a móbiles. Se o teu móbil é compatible, poderás gozar, ademais, das vantaxes da cobertura 5G alí onde xa teñamos despregada esta tecnoloxía.

    A final de mes, terás reunidos nunha mesma factura os teus consumos de fibra e móbil. Cómodo, eficiente e un pouquiño máis económico.

    Ver ofertas de fibra + móbil nas Pontes

    Contratar ou cambiar a fibra nas Pontes de García Rodríguez

    Se aínda non es cliente/a, consulta a nosa web para coñecer en detalle as vantaxes da oferta de fibra e móbil. Ou chámanos e resolveremos encantados/as todas as túas dúbidas.

    Se xa es cliente/a, chamarémoste nós en canto a rede de fibra MAX estea dispoñible na túa zona. Concertamos cita contigo e, sen ningún custo para ti, achegámonos ao teu domicilio para instalarche os nosos equipos.

    As Pontes, patrimonio e industria

    As Pontes de García Rodríguez naceu ao redor da ribeira do Río Eume, alí onde localizamos hoxe a zona máis antiga da vila.

    O casco antigo é un dos seus grandes tesouros e do seu patrimonio sobresaen tres pontes: Ponte Romana, Ponte dos Ferros e Ponte de Isabel II. Tamén conta con belas igrexas, entre as que destacan Santa María de Vilavella ou San Vicente de Pontoibo.

    As Pontes é un concello con gran tradición en festas, feiras e mercados. Son moi populares a Feira do Grelo, que se celebra cada domingo de Entroido; a Feira do Queixo e Mel, que ten lugar en outubro; e a Feira de Fungos e Cogumelos, en novembro.

    Vangarda e modernización tecnolóxica nas Pontes de García Rodríguez

    A localidade sobresae pola súa vertente máis vangardista. As Pontes acolle un dos festivais de arte urbana máis representativos de Galicia, EnPezas, que enche a localidade de coloridos e orixinais murais de artistas locais e internacionais.

    As Pontes é un importante núcleo industrial. Conta cunha central térmica, o Poboado de As Veigas e un gran lago artificial xurdido da reconversión da maior mina de lignito ao descuberto de España.

    Unha industria que agora recibe un novo empuxón á súa dinamización tecnolóxica grazas á nova rede de fibra óptica de R.

    Imaxe: Concello das Pontes.