Coñeces a Torre do Reloxo de Ares? É un sinal de identidade do municipio. E en R queremos que a nosa fibra MAX tamén o sexa. Para iso, aplicámonos a fondo: máis velocidade, cobertura e seguridade, contidos en 4K e tarifas de móbil con tecnoloxía 5G.
Se vives en Ares, toma nota de todas as vantaxes da mellor rede de fibra do mercado.
A mellor oferta de fibra en Ares: fibra MAX de R
Contámosche con detalle como é a nosa fibra:
- Velocidade e cobertura: fibra MAX está preparada para chegar aos 10 Gbps de velocidade de internet. Así que é capaz de multiplicar por 4 a velocidade doutras fibras. De momento, xa dispoñen de 1 Gb os nosos/as usuarios/as particulare,s e fano de forma simétrica, coa mesma velocidade de suba e de baixada.
- Seguridade: o sistema wifi 6 universal selecciona de maneira intelixente a banda con mellor calidade en cada momento para que navegues sempre coas mesmas prestacións que estando á beira do router. E coa maior seguridade, a que achega o protocolo sen fíos WPA3.
- Sen retardos: queremos ser os mellores aliados dos gamers e conectámonos aos mellores servidores e plataformas de gaming. O resultado: minimizamos problemas de retardos, latencias ou ping.
- Decodificador con calidade 4K: a nosa oferta inclúe un deco Android 4K que che permite converter a túa pantalla nunha Smart TV e gozar en calidade 4K dos teus contidos favoritos de plataformas como DAZN ou Disney+. Tamén podes descargar aplicacións e acceder a rebobina.
Contratar fibra e móbil en Ares
Que che parece completar a túa oferta de fibra cunha tarifa para o teu teléfono móbil con datos ilimitados e chamadas tamén sen límite a fixos e a móbiles nacionais?
Se non necesitas tantos datos, podes optar por tarifas con 10 GB ou ben con 30 GB.
Elixas a que elixas, terás cobertura móbil 5G no teu teléfono, sempre que sexa compatible, alí onde xa teñamos completada a despregadura desta tecnoloxía.
Ao reunir nunha mesma factura os consumos de fibra e móbil, aforrarás tempo e diñeiro e gañarás en comodidade.
Como cambiar ou contratar fibra MAX en Ares?
Tanto se xa es cliente/a de R coma se aínda o estás pensando, poñémoscho moi fácil.
No caso de que xa sexas cliente/a, chamarémoste nós para concertar cita en canto a rede fibra MAX de R estea dispoñible na túa zona. Sen ningún custo adicional para ti, achegámonos ao teu domicilio e instalámosche os novos equipos.
Se aínda non es cliente/a, podes chamarnos ou consultar toda a información sobre fibra MAX na nosa web e mirando as ofertas R.
Cobertura de fibra en Ares
Seguimos levando a nosa rede de fibra por toda Galicia. En Ares, xa hai unhas 3.500 empresas e particulares que gozan das vantaxes da fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R.
O noso obxectivo é consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar cada vez a máis veciños/as.
Ares, localidade mariñeira e castrexa
O municipio de Ares está situado na costa norte da Coruña, no centro do Golfo Ártabro e na ría que leva o seu mesmo nome. Un pobo mariñeiro con fantásticas praias, como Area Morta, Seselle, Barrosa ou a de Ares, no núcleo urbano, unida ao Paseo Marítimo.
Pero a historia de Ares está estreitamente ligada tamén á cultura castrexa, con cinco restos de castros prerromanos, entre eles a Pena Bailadora de Montefaro.
Arquitectura indiana e Torre do Reloxo
A súa arquitectura é outro dos sinais de identidade de Ares: por unha banda, casas mariñeiras con balcóns de madeira onde se colgan as redes de pesca; por outro, vivendas de estilo indiano, reflexo da historia dos/as numerosos/as aresáns/ás migrantes no século XX, como a Casa Antonio Vilar ou a Casa Curbeira.
Ademais, igrexas e ermidas como as de Santa Olalla de Lubre ou A Nosa Señora da Mercede e o románico Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.
E non podemos esquecernos da súa emblemática Torre do Reloxo, construída no século XVIII.
Ares vive de fronte ao mar e de fronte ao futuro, apoiándose agora na mellor fibra do mercado, a de R, para lle dar un empuxón definitivo cara á modernización e á innovación.
Imaxe vista aérea de Ares: Concello de Ares.