As festas de San Froilán en Lugo 2025 son unhas das máis populares do outono galego. Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, as súas casetas de polbo, os concertos e citas tan soadas como o Domingo das Mozas atraen cada ano a miles de visitantes á "Cidade da Muralla" do 4 ao 12 de outubro. Consulta aquí os concertos e o programa de San Froilán Lugo 2025.
Xa o dicía Álvaro Cunqueiro: As festas do San Froilán son "as máis belas do outono galego".
Entre o sábado 4 e o domingo 12 de outubro, Lugo é unha auténtica festa repleta de música, gastronomía, tradición, fogos artificiais, charangas, desfiles de cabezudos, tómbolas, espectáculos de maxia e unha infinidade de actividades para todos os gustos e todos os públicos.
Programa da festa de San Froilán Lugo 2025

Imaxe: Cultura e Turismo de Lugo
As festas de San Froilán 2025 comezan o día 4 de outubro co acendido das luces, sesión de fogos artificiais e pregón na praza Maior.
En 2025, a pregoeira será a xornalista Cristina Lombao, unha das voces máis relevantes da historia da radio en Galicia.
O día 5 de outubro, día de San Froilán, festivo en Lugo 2025, é o día grande das festas. Xornada de eventos solemnes, como a misa na Catedral, e de ambiente festivo nas rúas, repletas de música e de actividades.
O broche final á festas do San Froilán 2025 pono cada ano, o día 12 de outubro, unha gran Feira Medieval situada na praza da Catedral e nos arredores da muralla romana, con cabaleiros, damas, xograres, oficios tradicionais e exhibicións de cetrería.
Entre inicio e peche, ocasión para tomar un bo polbo, gozar dos concertos, subirse a atraccións míticas como o Gran Prix, reencontrarse coa tradición do “Domingo das Mozas” e diversión para os máis pequenos co "San Froilán Miúdo".
O Concello de Lugo xa anunciou o programa das festas de San Froilán de Lugo 2025, que podes consultar aquí.
Sábado, 4 de outubro
- 10:00 h. Praza da Soidade: XXXII Feira do Mel. Cata de mel ás 12:00 h. E de 17:00 - 20:00 h.Obradoiro de globoflexia.
- 10:00 h. Praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos): III Feira de Olería Lugo Tradicional.
- 11:00 - 13:30 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro. Mostra artesanal e obradoiro.
- 11:00 h. EXPOLUGO. Exposición de razas autóctonas da Galiza. De 10:00 - 20:00 h. na carpa xunto ao Vello Cárcere.
- A partir das 11:00 h. Rúa da Raíña: Feira de antigüidades e coleccionismo.
- 12:00 h. Balcón da Casa do Concello: Pregón de Mª Cristina Lombao Ramos.
- 12:30 h. No pregón, praza Maior, Campo Castelo, rúa San Pedro, Progreso e Raíña: Os Pelúdez entre nós + Xigantes e Cabezudos + Cántigas e Frores.
- 13:00 h. Mosqueira: verbena coa orquestra Neverloura.
- 17:00 - 20:00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro. Mostra artesanal e obradoiro.
- 17:00 - 05:00 h. Pazo de Feiras: Sundsystem no Camiño, con obradoiros, exposicións e as actuacións de Wandem Soundsystem + Pintega Sistema De Son + Dub Mono Hifi + Dub In Soul.
- 18:30 h. Templete da praza Maior: concerto de Claustro Música.
- 19:00 - 01:30 h. Praza da Mosqueira: Sanfroidance, coas actuacións de Ozetak + Fonki Cheff + Kr-on + Vilouta + Payball + Fer Mesa + Beatmac.
- 20:00 h. Tinería, rúa Nova e praza da Soidade: Pasarrúas de A Volta do Agro.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Lucía Pérez.
- 21:30 h. Recatelo, praza Maior e Campo Castelo: Pasarrúas da charanga Mekanika Rolling Band.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Tanxugueiras. Teloneiros 21:00 h: Diego Flâneur & Ünder.
- 23:30 h. Praza Santa María: Dakídarria.
- 01:00 h. Praza Santa María: Festicultores Troupe.
Domingo, 5 de outubro: San Froilán 2025
- 10:00 h. Praza da Soidade: XXXII Feira do Mel. Obradoiro de velas de 12:00 - 14:00 h.
- 10:00 - 19:00 h. Praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos): III Feira de Olería Lugo Tradicional.
- 11:00 h. EXPOLUGO. Exposición de razas autóctonas da Galiza. De 10:00 - 14:30 h. na carpa xunto ao Vello Cárcere.
- 11:00 - 13:30 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro. Mostra artesanal e obradoiro.
- A partir das 11:00 h. Rúa da Raíña: Feira de antigüidades e coleccionismo.
- 12:00 h. Catedral de Lugo: Ofrenda da Corporación municipal a San Froilán.
- 12:00 h. Quiroga Ballesteros, praza de Santo Domingo e praza da Soidade: Pasarrúas de Os Picurruchos.
- 12:00 h. Rúa Nova, Tinería e praza da Soidade: Pasarrúas de Caivanca.
- 12:00 h. Rúa Camiño Real e praza da Milagrosa: Pasarrúas de Cántigas e Frores.
- 12:00 h. Recatelo e Recinto Feiral: Pasarrúas de Foliada de Bosende.
- 13:00 - 00:00 h. Praza de Augas Férreas: Verbena coa orquestra Suavecito, sesión vermut, tarde e DJ Casanova.
- 13:00 h. Praza de Santa María: Concerto da Banda Filharmónica de Lugo e a Banda de Música de Vilalba.
- 13:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Mocho Gris.
- 12:30 h. Espectáculo itinerante “Pilots” de La Finestra. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 13:00 h. Praza do Castiñeiro: O San Froilán Máxico no teu barrio, coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 13:30 h. XIII Desfile de Gando tradicional do San Froilán e actuación de Reviravolta e Os Pelúdez entre nós. Percorrido: ronda da Muralla (tramo peonil), praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre.
- 17:00 - 20:00 h. Parque Rosalía de Castro: San Froilán Tecedeiro. Mostra artesanal e obradoiro.
- 17:30 h. Espectáculo itinerante “Pilots” de La Finestra. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 17:30 h. Cemiterio San Froilán: Visita guiada dos Pelúdez polo cemiterio.
- 18:00, 19:30 e 21:00h h. Praza do Castiñeiro: O San Froilán Máxico no teu barrio, coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 18:00 h. Praza da Mosqueira: IX Concurso Miss Deusa co Colectivo ALAS.
- 19:00 - 21:00 h. Praza Maior (Quiosco da música): Verbena galega d'antes, coa actuación de Airiños da Freba e bailador@s de Oxeito.
- 20:00 h. Rúa Rafael de Vega, Montero Ríos, Paxariños e Ramón Montenegro: Pasarrúas de Airiños de Orbazai.
- 20:00 h. Tinería, rúa Nova e praza da Soidade: Pasarrúas de Bloco Meigallo.
- 20:00 h. Fonte do Rei, rúa san Roque e praza Mártires de Carral: Pasarrúas de Falso Teito.
- 20:00 - 02:00 h. Praza da Mosqueira: Electronic Lucus Fest coas actuacións de DJ Frisco & Marcos Peón, Jacobo Gómez, Juan Chousa e Jose Fouce.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Cristina Branco.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Xoel López. Teloneiros 21:00 h: Funámbula e os ceos quebradizos.
- 23:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Stereo.
- 23:30 h. Praza Santa María: Biznaga.
- 01:00 h. Praza Santa María: Festicultores Troupe.
Luns, 6 de outubro
- 11:00 h. Campo Castelo e praza Maior: Xigantes e Cabezudos e a actuación musical de Tambukda.
- 12:00 h. Recatelo: Pasarrúas de Tambukda.
- 12:00 h. Ronda das Fontiñas: Pasarrúas de O Son do Pucheiro.
- 12:00 h. Barrio da Ponte: Pasarrúas de Biouteiro Astelu.
- 12:30 h. Espectáculo itinerante “Circo Krasnobarak” de Troula. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 13:00 h. Praza Santa María: Concerto de Panosedán.
- 13:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Xeosmina.
- 13:00 h. Praza de Augas Férreas: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 17:30 h. Espectáculo itinerante “Circo Krasnobarak” de Troula. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18:00, 19:30 e 21:00 h. Praza de Augas Férreas: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 19:00 h. Augas Férreas: Pasarrúas de Estoupacaldeiros.
- 20:00 h. Barrios de Albeiros e as Gándaras: Pasarrúas de A volta do Agro.
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Banda Filharmónica e Cántigas e Frores.
- 20:00 h. Sagrado Corazón: Pasarrúas de Biouteiro Astelu.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Patax. Teloneiros: Filophóbicas.
- 22:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Mr Hathaway.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Sondeseu. Teloneiros 21:00 h: Milesios.
Martes, 7 de outubro: Día dos Maiores
- 12:00 h. Rúa Quiroga Ballesteros, Mercado Municipal, Praza de Abastos e praza Santo Domingo: Pasarrúas de Caivanca.
- 18:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Principal.
- 19:00 h. Centro Cultural Vello Cárcere: Letra das Festas 2025 (a revista oral do San Froilán), Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán.
- 19:30 h. Barrios de Albeiros e Gándaras: Pasarrúas de Airiños de Orbazai.
- 20:00 h. Recatelo e Recinto Feiral: Pasarrúas de Foilada de Bosende.
- 20:00 h. Avenida das Américas e rúa Marqués de Ombreiro: Pasarrúas de Estoupacaldeiros.
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Vrasica.
- 20:00 h. Praza Santa María: Concerto de Zarandela.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Irmaus da Raia Seca.
- 22:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Untides.
Mércores, 8 de outubro
- 19:00 h. Centro cultural O Vello Cárcere: Presentación do número 22 da Colección San Froilán dos Devanceiros: “Viva o San Froilán 2018-2024. Fotografías e ilustracións”.
- 20:00 h. Avenida da Coruña: Pasarrúas de Xaora.
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Cantareiras D'Xanares.
- 20:00 h. Rafael de Vega, Montero Ríos, Paxariños e Ramón Montenegro: Pasarrúas de Caivanca.
- 20:30 h. Recinto histórico, zona dos viños e Tineria: Actuación da Tambukda.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Uxía. Teloneiros 20:00 h: Nebra.
- 22:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de El Nido.
Xoves, 9 de outubro
- 17:00 h. Praza da Soidade: “Pituquito Literal” de Trécola Producións.
- 17:00 - 00:00 h. Praza da Mosqueira: IX Espazo Hip Hop, con Iván Cano + Midas Alonso + Batallas de Galos.
- 20:00 h. Rúas Ourense, Lamas de Prado e praza do Castiñeiro: Pasarrúas de Son de Lugh.
- 20:00 h. Fonte do Rei, rúa San Roque e praza Mártires de Carral: Pasarrúas de Xaora.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Vera Fauna. Teloneiros 20:00 h: Jade4.
- 23:30 h. Praza Santa María: Concerto de Bala.
Venres, 10 de outubro
- 12:00 h. Rúa Quiroga Ballesteros, Mercado Municipal, Praza de Abastos e praza Santo Domingo: Pasarrúas de Foliada de Bosende.
- 17:00 h. Praza da Soidade: “Familia unida” de Mircromina Títeres.
- 18:00, 19:30 e 21:00 h. Sagrado Corazón: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 19:00 h. Campo Castelo e praza Maior: Xigantes e Cabezudos e a actuación musical de Falso Teito.
- 19:00 h. Praza da Soidade: “Familia unida” de Mircromina Títeres.
- 20:00 h. Rúa Progreso, Raíña, San Pedro e Campo Castelo: Pasarrúas de Falso Teito.
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: San Froilán Sorrí, espectáculo de humor con Javito Rivas e Oswaldo Digón.
- 20:00 h. Recatelo: Pasarrúas de Reviravolta.
- 20:00 h. Camiño Real: Pasarrúas de A volta do Agro.
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Madame Rachel.
- 20:00 h. Zona dos viños: Os Pelúdez entre nós.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Nøgen. Teloneiros 20:00 h: Punk Kon Queixo.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Lía Kali. Teloneiros: Verter GZ.
- 23:00 h. Praza Maior: Verbena co grupo Arizona.
- 23:30 h. Praza Santa María: Concerto de Pony Pisador.
- 00:00 - 02:00 h. Praza da Mosqueira: Facela Fest no San Froilán, con DJ Facela.
- 00:30 h. Praza da Soidade: A Duendeneta.
Sábado, 11 de outubro: Día de Ferrol
- 11:00 h. Casa do Concello: Recepción oficial á Corporación do Concello de Ferrol.
- A partir das 11:00 h. Rúa da Raíña: Feira de antigüidades e coleccionismo.
- 11:00 h. Praza Horta do Seminario: "V Saltar na rúa - Milla Popular Lucus".
- 12:00 h. Rúa San Marcos, Montevideo. Bolaño Ribadeneira, Nova e praza do Ferrol: Pasarrúas de Airiños de Orbazai.
- 12:30 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Banda de Música Sons e Soños.
- 12:30 h. Espectáculo itinerante “Rum Rum” de Xip Xap Teatre. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 12:30 h. Recinto Feiral: Os Pelúdez entre nós.
- 13:00 h. Praza Santa María: XXII Festival de Cultura Tradicional, coa Asociación Cultural Cántigas e Frores e coas actuacións de Asociación Cultural Cántigas e Frores e Asociación Cultural Rebulir.
- 17:30 h. Espectáculo itinerante “Rum Rum” de Xip Xap Teatre. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18:00 h. Praza de Santo Domingo: Actuación de A volta do agro.
- 18:00, 19:30 e 21:00 h. Praza Agro do Rolo: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 18:00 - 00:00 h. Praza de Augas Férreas: Verbena coa orquestra Oca Band e DJ Manu Chady.
- 19:00 h. Augas Férreas e rúa Alfonso X: Pasarrúas de Treboada.
- 20:00 h. Ronda das Fontiñas: Pasarrúas de Os Picurruchos.
- 20:00 h. Barrio da Ponte: Pasarrúas de Petiscos de Balde.
- 20:00 h. Tinería: Pasarrúas de Tambukda.
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Sigilu.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Queralt Lahoz.
- 22:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Anxo Araujo.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de El Consorcio. Teloneiros 21:00 h: Iria Estévez e Luis Monsalve, cuarteto de corda.
- 23:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Costa Dorada.
- 23:30 h. Praza Santa María: Concerto de De Ninghures.
- 00:30 h. Praza da Soidade: A Duendeneta.
Domingo, 12 de outubro: Domingo das Mozas
- 10:30 - 22:00 h. Catedral de Santa María: Feira Medieval “Volta ao Medievo”, con actuacións musicais, desfiles, xogos...
- A partir das 11:00 h. Rúa da Raíña: Feira de antigüidades e coleccionismo.
- 11:00 h. Praza Maior: 53ª Edición do Desfile do traxe galego, con Cántigas e Frores.
- 11:30 - 13:45 h e 17:00 - 18:00 h. Recinto histórico: XXVII Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s. Participan: Sadeo pandeireteiras, Senfol gaiteiros, Par de Par, Gaiteiros da Ría, Sons de Abrente, Maghúa Pandeireteiros, Os Fondaos do Pífaro, Pingarela, Os Monifates e Tumba e Dalle.
- 12:00 h. Parque de Rosalía de Castro: Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Branca Villares. Actuación do Coro de Cántigas e Frores.
- 12:30 h. Praza San Marcos: Concerto da Banda de música municipal de A Estrada.
- 13:00 - 14:30 h. Praza da Mosqueira: Facela Fest no San Froilán, con DJ Facela.
- 13:00 h. Praza Agro do Rolo: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 13:00 h. Rúa San Pedro, Bo Xesús, praza Maior, praza do Campo e praza Pío XII: “Os cegos no Camiño”. Encontro de romanceiros medievais, cegos e Lazarillos de toda Galiza.
- 17:30 h. Espectáculo itinerante “Transhumancia” de Xip Xap Teatre. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18:00 h. Praza Santa María: Concerto de As Lagharteiras.
- 18:00, 19:30h e 21:00 h. Praza do Castiñeiro: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación do mago Xulio Merino.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: III Festival de cultura tradicional do San Froilán Miúdo.
- 19:30 h. Espectáculo itinerante “Transhumancia” de Xip Xap Teatre. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 19:00 h. Rúa San Pedro, praza Maior, praza do Campo e Bo Xesús: “Os cegos no Camiño”. Encontro de romanceiros medievais, cegos e Lazarillos de toda Galiza.
- 19:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Abril.
- 20:00 h. Praza Santa María: Concerto de Fiandola.
- 21:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Loita Amada.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Guadi Galego. Teloneiros 21:00 h: Laura LaMontagne.
- 23:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Acordes.
Concertos de San Froilán de Lugo 2025

É sen dúbida un dos maiores atractivos do San Froilán: a súa ampla axenda de concertos e actuacións musicais. Ás bandas de música e de gaitas habituais dos primeiros anos, súmanse agora grupos e artistas de múltiples estilos.
Resumimos por aquí os principais concertos San Froilán de Lugo 2025 polas noites:
Sábado, 4 de outubro
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Lucía Pérez.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Tanxugueiras. Teloneiros 21:00 h: Diego Flâneur & Ünder.
- 23:30 h. Praza Santa María: Dakídarria.
- 01:00 h. Praza Santa María: Festicultores Troupe.
Domingo, 5 de outubro: San Froilán 2025
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Cristina Branco.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Xoel López. Teloneiros 21:00 h: Funámbula e os ceos quebradizos.
- 23:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Stereo.
- 23:30 h. Praza Santa María: Biznaga.
- 01:00 h. Praza Santa María: Festicultores Troupe.
Luns, 6 de outubro
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Patax. Teloneiros: Filophóbicas.
- 22:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Mr Hathaway.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Sondeseu. Teloneiros 21:00 h: Milesios.
Martes, 7 de outubro: Día dos Maiores
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Vrasica.
- 20:00 h. Praza Santa María: Concerto de Zarandela.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Irmaus da Raia Seca.
- 22:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Untides.
Mércores, 8 de outubro
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Cantareiras D'Xanares.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Uxía. Teloneiros 20:00 h: Nebra.
- 22:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de El Nido.
Xoves, 9 de outubro
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Vera Fauna. Teloneiros 20:00 h: Jade4.
- 23:30 h. Praza Santa María: Concerto de Bala.
Venres, 10 de outubro
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Madame Rachel.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Nøgen. Teloneiros 20:00 h: Punk Kon Queixo.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Lía Kali. Teloneiros: Verter GZ.
- 23:00 h. Praza Maior: Verbena co grupo Arizona.
- 23:30 h. Praza Santa María: Concerto de Pony Pisador.
- 00:00 - 02:00 h. Praza da Mosqueira: Facela Fest no San Froilán, con DJ Facela.
- 00:30 h. Praza da Soidade: A Duendeneta.
Sábado, 11 de outubro: Día de Ferrol
- 20:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Sigilu.
- 21:00 h. Praza Santa María: Concerto de Queralt Lahoz.
- 22:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Anxo Araujo.
- 22:00 h. Horta do Seminario: Concerto de El Consorcio. Teloneiros 21:00 h: Iria Estévez e Luis Monsalve, cuarteto de corda.
- 23:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Costa Dorada.
- 23:30 h. Praza Santa María: Concerto de De Ninghures.
- 00:30 h. Praza da Soidade: A Duendeneta.
Domingo, 12 de outubro: Domingo das Mozas
- 19:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Abril.
- 20:00 h. Praza Santa María: Concerto de Fiandola.
- 21:00 h. Praza da Mosqueira: Concerto de Loita Amada.
- 22:00 h. Praza Horta do Seminario: Concerto de Guadi Galego. Teloneiros 21:00 h: Laura LaMontagne.
- 23:00 h. Praza Maior: Verbena coa orquestra Acordes.
O Concello de Lugo seleccionou todos estes grupos e artistas cos que armaron un cartel que combina tradición e vangarda, voces consolidadas e proxectos emerxentes que reforzan a diversidade e a proxección internacional do programa das Festas de San Froilán 2025.
San Froilán Miúdo 2025

Imaxe: Cultura e Turismo de Lugo
Os/as máis pequenos/as da casa teñen o seu espazo propio no San Froilán: o San Froilán Miúdo, con actividades pensadas especialmente para eles/as.
Xogos, espectáculos de circo e acrobacias, monicreques, baile e canto tradicional... Así é o programa de San Froilán Miúdo 2025, no recinto do aparcadoiro do Seminario (Avenida Anxo López Pérez):
Sábado, 4 de outubro
- 12:30 h. Praza Maior (fronte á Casa do Concello): Os Cabezudos + Cántigas e Frores.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: Ritmo Lugo. Exhibicións de baile.
Domingo, 5 de outubro: San Froilán 2025
- 11:30 - 14:00 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Xogos Paporrubio” de Paporrubio.
- 12:30 h. Espectáculo itinerante “Pilots” de La Finestra. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 13:00 h. Praza do Castiñeiro: O San Froilán Máxico no teu barrio, coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 16:00 - 18:00 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Xogos Paporrubio” de Paporrubio.
- 17:30 h. Espectáculo itinerante “Pilots” de La Finestra. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18:00, 19:30 e 21:00h h. Praza do Castiñeiro: O San Froilán Máxico no teu barrio, coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Rococó” de Cía Rampante.
Luns, 6 de outubro
- 11:00 - 14:00 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Xogos XXL do mundo” de Ludiespai.
- 11:00 h. Campo Castelo e praza Maior: Xigantes e Cabezudos e a actuación musical de Tambukda.
- 12:30 h. Espectáculo itinerante “Circo Krasnobarak” de Troula. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 13:00 h. Praza de Augas Férreas: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 16:00 - 18:00 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Xogos XXL do mundo” de Ludiespai.
- 17:30 h. Espectáculo itinerante “Circo Krasnobarak” de Troula. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18:00, 19:30 e 21:00 h. Praza de Augas Férreas: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Tranvía” de La Finestra.
Martes, 7 de outubro: Día dos Maiores
- 16:00 - 18:00 h. “Steam Pinballs” de Holoqué Espectaculum.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Crunch 2” de Muu.
Mércores, 8 de outubro
- 16:00 - 18:00 h. “Steam Pinballs” de Holoqué Espectaculum.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Humanus Comicus” de Mondo Costrini.
Xoves, 9 de outubro
- 17:00 h. Praza da Soidade: Actuación de “Pituquito literal” de Trécola Producións.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Gran Sonata” de Le Puant.
Venres, 10 de outubro
- 17:00 h. Praza da Soidade: “Familia unida” de Mircromina Títeres.
- 18:00, 19:30 e 21:00 h. Sagrado Corazón: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 18.30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: III Festival infantil Cántigas e Frores.
- 19:00 h. Campo Castelo e praza Maior: Xigantes e Cabezudos e a actuación musical de Falso Teito.
Sábado, 11 de outubro
- 11:30 - 14:00 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Xogos ao grande”.
- 12:30 h. Espectáculo itinerante “Rum Rum” de Xip Xap Teatre. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 13:00 h. Praza Agro do Rolo: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 16:00 - 18:00 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Xogos ao grande”.
- 17:30 h. Espectáculo itinerante “Rum Rum” de Xip Xap Teatre. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18:00, 19:30 e 21:00 h. Praza Agro do Rolo: O San Froilán Máxico no teu barrio coa actuación “50 (1975-2025)”.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “De Vilatriste a Vilalegre” de Teatro ao Cubo.
Domingo, 12 de outubro: Domingo das Mozas
- 11:30 - 14:00 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Xogos ao grande”.
- 17:30 h. Espectáculo itinerante “Transhumancia” de Xip Xap Teatre. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 16:00 - 18:00 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Xogos ao grande”.
- 19:30 h. Espectáculo itinerante “Transhumancia” de Xip Xap Teatre. Percorrido: rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
- 18:30 h. Carpa do San Froilán Miúdo: “Historias para escagarriñarse” de Teatro Ghazafelhos.
As casetas do polbo no San Froilán Lugo 2025
Se algo non pode faltar nas festas de San Froilán de Lugo son as casetas do polbo nas que degustar o tradicional "pulpo á feira".
As casetas do polbo en San Froilán Lugo 2025 estarán abertas no Parque de Rosalía dende o venres 26 de setembro ata o domingo 2 de novembro.
Unhas casetas cunha longuísima tradición. Queres saber cando chegaron as casetas do polbo ao San Froilán?
Existen testemuñas de veciños pedindo casetas con teitos de palla para servir polbo no ano 1846.
Con todo, as que poderiamos chamar primeiras casetas son dos anos 60 e popularizáronse especialmente nos 80. Trátase de casetas de madeira, tamén coñecidas como "garigolos", nas que as/os pulpeiras/os preparan polbo en caldeiras de cobre.
O "Domingo das Mozas"

O “Domingo das Mozas” celébrase o domingo posterior ao 5 de outubro, día de San Froilán, polo que en 2025 é o domingo 12 de outubro.
Por que "Domingo das Mozas"? Crese que se debe á gran cantidade de mozos dos arredores que ese día se achegaban a Lugo para buscar noiva. Na actualidade, sexa ese ou outro o motivo, o certo é que ese día as rúas se atopan a rebordar de visitantes :)
Ademais, é tradicional que veciños/as e visitantes saian á rúa ataviados/as co traxe tradicional galego dispostos a homenaxear como se merece o folclore galego e realízase tamén unha ofrenda a Rosalía de Castro. No 2025, a encargada de realizar dita ofrenda será Branca Villares, unha música sempre comprometida coa recuperación da música tradicional galega, especialmente a de Lugo.
Nos últimos anos o día previo ao "Domingo das Mozas" dedícase o día a Ferrol, cidade coa que Lugo ten unha irmandade, con intercambio de visitas oficiais incluído. Os/as ferroláns/as "devolven" a honra nas súas Festas do San Xiao.
Quen era San Froilán?
As festas de San Froilán celébranse dende 1754 e honran a figura do patrón da cidade.
San Froilán naceu en Lugo no ano 832. Fillo dos condes de Lugo, dende moi novo inclínase pola formación relixiosa e a vida ermitá, que o leva a retirarse e a vivir en soidade nas montañas do Cebreiro e do Bierzo.
Precisamente nun dos seus solitarios paseos por eses montes e grutas vive, segundo a tradición, un dos episodios máis importantes da súa vida. Mentres se atopaba rezando, un lobo achégase a el e ao seu asno e devora ao animal. Pero San Froilán mírao con tal tenrura e comprensión que o lobo inclina a cabeza e dende ese momento convértese no fiel compañeiro que levará polo mundo as súas alforxas. Esta imaxe é a que se mantén como a representación máis recoñecible e habitual de San Froilán.
Decisiva foi tamén a súa amizade con San Atilano, monxe como el, e que o acompañaría na súa labor de predicación e fundación de dous mosteiros á beira do río Douro: Tábara e Moreruela de Tábara. Porque a fama de San Froilán chegou a oídos do mismísimo Alfonso III, que vía nel un personaxe fundamental para a súa ansiada Reconquista, e estendeuse por Galicia e León, cidade da que foi bispo e en cuxa catedral está enterrado.
Por entón xa era obxecto de devoción entre os veciños de Lugo e de León e, anos despois, o papa Urbano II convérteo en santo.
San Froilán: de santo a patrón da cidade de Lugo
En 1600, a diocese de Lugo establece o San Froilán como festa eclesiástica que se celebra o 5 de outubro, coincidindo co aniversario da súa morte. Cinco anos despois, San Froilán convértese no patrón da cidade.
Inicialmente, as festas de San Froilán asociábanse fundamentalmente a unha feira e mercado de gando, por aqueles tempos a máis importante de Galicia. Unha cita para os vendedores de froitas, mel ou apeiros de labranza.
Co paso dos anos, impúxose o espírito lúdico e festivo; as festas gañaron popularidade e a axenda de actividades diversificouse e multiplicouse.
Non deixes pasar a ocasión de probar o polbo das casetas e de gozar do grande ambiente dunha cidade que respira festa alí por onde vaias. A túa cita co San Froilán de Lugo 2025 é do 4 ao 12 de outubro.
Fonte imaxe cabeceira: Cultura e Turismo de Lugo.