Queres saber onde celebra o Samaín en Galicia 2025? Percorremos as principais localidades onde podes gozar desta festa a noite do 31 de outubro. Contámosche as actividades e programación do Samaín en Ourense, Briz, Allariz, Ferrol, Cedeira, A Coruña ou Pontevedra para que goces desta tradición tan nosa.

Unha festa de orixe celta para celebrar o fin da colleita e a chegada do frío inverno que conta cunha longa tradición e historia que vai máis aló dos habituais disfraces e cabazas. Así é o Samaín en Galicia 2025.

Samaín en Ourense 2025

Samaín en Ourense 2025

Imaxe: Concello de Ourense

En toda a provincia de Ourense xa é unha das festas máis populares do outono e a súa capital énchese de actividades de todo tipo, lúdicas e festivas, para dar a benvida ao mes de novembro co Samaín.

Este é o programa do Samaín en Ourense 2025:​​​​​​​

Venres, 31 de outubro

  • 17:00 - 19:45 h. Parque de San Lázaro: Obradoiro infantil de maquillaxe e decoración de cabazas.
  • 18:00 - 23:00 h. Praza do Bispo Cesáreo: Túnel do Terror.
  • 19:00 - 19:45 h. Desfile de Halloween. Sairá do Parque de San Lázaro e pasará pola Rúa do Paseo e pola Praza Maior.
  • 19:45 h. Zona de Viños: Animación de Rúa.
  • 20:00 - 21:00 h. Praza Maior: Concerto Infantil con Oviravai.
  • 20:00 - 23:00 h. Praza Maior e Rúa Santa Eufemia: Animación “Chaioso de Medo”.
  • 23:00 - 00:45 h. Rúa Progreso: Concerto de Herdeiros da Crus.
  • 00:00 - 03:00 h. Praza Maior: Sesión de DJ A Gramola.

Samaín en Briz 2025

Samaín en Briz 2025

Imagen: Concello de Marín

A Finca de Briz - Parque dos Sentidos, en Marín, celebra unha das festas de Samaín máis multitudinarias. E é que o Samaín Briz 2025 prevé reunir como cada ano a miles de persoas durante a tarde e a noite do 31 de outubro.

Como todos os anos haberá os populares roteiros do terror, animación, área infantil, decoración e moito terror. Os espectáculos serán na contorna da laguna principal, eo “PequeSamaín” estará en toda a zona do Auditorio.

O evento volverá a ter este ano roteiros do terror, de entrada gratuita, na que haberá que acceder facendo ringleiras, pero tamén haberá percorridos de acceso libre por toda a finca con distintas estacións do medo.

A organización conta para realizar todos os actos coa colaboración da comparsa Os da Caña e o Club Deportivo La Peña e, ademais, este ano súmanselle as comparsas Cor Café, Val do Lérez, as Sonecas e a comparsa A Pandilla.

Xa está todo en marcha para o Samaín de Briz 2025 o vindeiro 31 de outubro. O Concello de Marín xa publicou o programa definitivo con todas as actividades e os horarios.A súa apertura será ás 18:30 h, coma todos os anos, e a entrada á Finca de Briz - Parque dos Sentidos (Marín) será gratuíta.

Así é o programa do Samaín de Briz 2025:

Venres, 31 de outubro

  • 18:30 h. Apertura do recinto.

  • 18:30 - 22:00 h. Apertura do Pequesamaín. Haberá:

    • Pintacaras.

    • Xogos infantís e en familia.

    • Animación. musical.

  • 18:30 - 21:00 h. Rutas:

    • Casa das bonecas terroríficas.

    • As portas do Alén

  • 18:30-22:00 h. Estacións do medo:

    • Banquete de morte.

    • O bosque encantado.

    • Medo me dá.

    • A noite do brote.

    • A cova do asustador

    • A danza da lúa.

  • 19:00 e 21:00 h. Espectáculo de "Nemeton, a orixe do Samaín".

  • 19:00 e 21:00 h. Espectáculo de "A queimada".

  • 19:00 e 21:00 h. Espectáculo de "O Lobisome".

  • 19:00 e 21:00 h. Espectáculo de "A queima das meigas".

  • 19:00 e 21:00 h. Espectáculo de "Nemeton, a orixe do Samaín".

  • 19:00 e 21:00 h. Espectáculo de "A queimada".

  • 19:00 e 21:00 h. Espectáculo de "O Lobisome".

  • 19:00 e 21:00 h. Espectáculo de "A queima das meigas".

  • 23:00 h. Fin de festa.

Samaín en Allariz 2025

Samaín en Allariz 2025
Imaxe: Concello de Allariz

A cidade ourensá de Allariz implícase cada ano co Samaín, celebrando durante varios días o seu programa Allariz de Medo.

O Samaín en Allariz 2025 celébrase a fin de semana do 31 de outubro ata o 2 de novembro.

A ambientación chega dende o 31 de outubro pola pola rúa do Portelo, Praza de Santo Estevo, rúa da Cruz, rúa do Pozo, Praza Maior, Atrio de Santiago, Praza de Abaixo e Praza do Matadoiro. Todo isto creará un ambiente único que acompañará toda a fin de semana a visitantes e veciños.

E estas son as principais actividades do programa do Samaín en Allariz 2025, que anunciou o Concello de Allariz:

Venres, 31 de outubro

  • Durante todo o día ambientación de Samaín polas rúas, nas que as ánimas, esqueletos e druidas pasearán con todos os visitantes e veciños.

  • 19:00 - 21:00 h. Museo Galego do Xoguete: Actividade familiar, para nenos e maiores “Algo pasou no Museo do Xoguete”.

  • 20:30 h. Praza Maior: Saída do desfile da Santa Compaña polo casco histórico, realizado por Silvadeira Teatro.

  • 23:30 h. Praza Maior: “Noite de Defuntos” e sesión musical con Discomóbil Apocalipsis.

Sábado, 1 de novembro

  • Durante todo o día ambientación de Samaín polas rúas, nas que as ánimas, esqueletos e druidas pasearán con todos os visitantes e veciños.

  • 19:00 - 21:00 h. Museo Galego do Xoguete: Actividade familiar, para nenos e maiores “Algo pasou no Museo do Xoguete”.

  • 20:00 h. Fundación Vicente Risco: Proxectarase o documental “A Luz das Ánimas” que trata sobre o fenómeno dos famosos “Petos de Ánimas”, con coloquio final co seu director, Sergio Santos Otero.

  • 20:30 h. Praza Maior: Saída do desfile da Santa Compaña polo casco histórico, realizado por Silvadeira Teatro.

Domingo, 2 de novembro

  • Durante todo o día ambientación de Samaín polas rúas, nas que as ánimas, esqueletos e druidas pasearán con todos os visitantes e veciños.

Samaín en Ferrol 2025

Samaín en Ferrol 2025 Catabois

Imaxe: Asociación Echo Catabois

Son varios os puntos onde se celebra o Samaín en Ferrol 2025, pero a festa que congrega a máis xente é Quilómetro do Terror no barrio de Catabois, do 29 ao 31 de outubro.

A Asociación Echo Catabois organiza este Samaín tan especial no que se involucran todos os locais de hostalería e comercios. Ademais do desfile “Volta das ánimas”, celébranse visitas á Casa do Terror.

Consulta aquí o programa do Samaín Ferrol 2025, no barrio de Catabois:

Mércores, 29 de outubro

  • Dende as 19:00 h. No número 252: Casa do Terror.

Xoves, 30 de outubro

  • Dende as 19:00 h. No número 252: Casa do Terror.

Venres, 31 de outubro

  • Dende as 19:00 h. No número 252: Casa do Terror.
  • 20:00 h. Desfile “Volta das ánimas”.

Samaín en Cedeira 2025

Samaín en Cedeira 2025

Imaxe: Concello de Cedeira

De medo pásano tamén en Cedeira cunha fin de semana de terror. Do 31 de outubro ao 1 de novembro poderás gozar do Samaín en Cedeira 2025, como todos os anos, nas carpas do Paseo da Mariña.

E non perdades o desfile de pantasmas polo casco antigo. Consulta los horarios en el programa del Samaín de Cedeira 2025:

Venres, 31 de outubro

  • 17:30 h. Carpas no Paseo da Mariña: obradoiro de pintura, obradoiro de zonchos, obradoiro de creación de adornos para levar no pasarrúas.
  • 20:00 h. Carpas no Paseo da Mariña: espectáculo “A cabaza encantada” de Teatro Calavera.

Sábado, 1 de novembro

  • 17:00 h. Carpas no Paseo da Mariña: entrega e exposición de cabazas. Ademais, obradoiro de tallado de cabazas, obradoiro de maqueado e merendola de outono.
  • 20:30 h. Pasarrúas de pantasmas por toda la zona vella.

Samaín na Coruña 2025

Samaín en A Coruña 2025

Imaxe: Samaincoruna.gal

Na cidade herculina, o Samaín celébrase por todos os barrios a través dunha chea de actividades nos mercados municipais e nos Centros Cívicos.

Entre as actividades máis destacadas do Samaín na Coruña 2025, están os talleres gratuítos para os peques de 4 a 12 anos, que se celebran o sábado 25 de outubro: talleres de marionetas de Samaín, disfraces de cabaza, lapiseiros de araña... É necesaria inscrición previa aquí.

Sábado, 25 de outubro

Mercado municipal de San Agustín

  • 10:15 - 11:00 h. Disfrace de Cabaza

  • 11:30 - 12:30 h. Escena de Samaín (Diorama)

  • 13:00 - 14:00 h. Lapiseiro de araña

Mercado municipal de Elviña

  • 10:15 - 11:00 h. Marioneta de Samaín

  • 11:30 - 12:30 h. Disfrace de Cabaza

  • 13:00 - 14:00 h. Escena de Samaín (Diorama)

Mercado municipal de Eusebio da Guarda

  • 10:15 - 11:00 h. Disfrace de Cabaza

  • 11:30 - 12:30 h. Escena de Samaín (Diorama)

  • 13:00 - 14:00 h. Marioneta de Samaín

Mercado municipal de Monte Alto

  • 10:15 - 11:00 h. Escena de Samaín (Diorama)

  • 11:30 - 12:30 h. Disfrace de Cabaza

  • 13:00 - 14:00 h. Lapiseiro de araña

Centro Cívico de San Diego

  • 10:15 - 11:15 h. Marioneta de Samaín

  • 11:30 - 12:15 h. Escena de Samaín (Diorama)

  • 12:30 - 13:15 h. Disfrace de Cabaza

Centro Cívico Castrillón

  • 10:45 - 11:15 h. Escena de Samaín (Diorama)

  • 11:30 - 12:15 h. Marioneta de Samaín

  • 12:30 - 13:15 h. Disfrace de Cabaza

OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor)

  • 10:15 - 11:00 h. Lapiseiro de araña

  • 11:30 - 12:30 h. Escena de Samaín (Diorama)

  • 13:00 - 14:00 h. Marioneta de Samaín

Centro Cívico de Eirís

  • 10:45 - 11:15 h. Lapiseiro de araña

  • 11:30 - 12:15 h. Marioneta de Samaín

  • 12:30 - 13:15 h. Escena de Samaín (Diorama)

Centro Cívico de Novoboandanza

  • 10:15 - 11:00 h. Escena de Samaín (Diorama)

  • 11:30 - 12:30 h. Lapiseiro de araña

  • 13:00 - 14:00 h. Marioneta de Samaín

Centro Cívico Sagrada Familia

  • 10:45 - 11:15 h. Marioneta de Samaín

  • 11:30 - 12:15 h. Lapiseiro de araña

  • 12:30 - 13:15 h. Disfrace de Cabaza

Non faltan tampoco os pasarúas “truco ou trato” dos escolares, para pedir doces polos comercios e establecementos da súa zona.

Tamén se realiza cada ano o concurso de escaparates, podes votar polo teu favorito na páxina web do Concello da Coruña.

O programa do Samaín A Coruña 2025 continúa do xoves 30 de outubro ao sábado 8 de novembro con máis obradoiros e festas infantís nos centros cívicos da cidade. Consulta aquí debaixo as datas e actividades, é necesaria inscrición no teu centro cívico dende o 25 de outubro.

Samaín en Pontevedra 2025

Samaín en Pontevedra 2025

Imaxe: Concello de Pontevedra

Pantasmas, catrinas, esqueletos e cabazas toman as rúas da cidade do Lérez nunha noite máxica. As rúas e prazas da zona vella de Pontevedra encheranse dos disfraces máis coloridos e terroríficos coa programación especial do Samaín en Pontevedra 2025 o 31 de outubro, será a famosa Noite dos Calacús.

Non faltarán tampouco, como todos os anos, as contadas terroríficas, as visitas guiadas infantís ou para adultos, os pasarrúas e a animación musical que darán o ambiente máis terrorífico do ano.

O programa do Samaín de Pontevedra 2025 irá dende a fin de semana anterior ata a noite do Samaín, é dicir, dende o 25 ao 31 de outubro. As súas actividades serán do máis variadas, pero sempre co público máis novo como centro.

Domingo, 26 de outubro

  • 12:00 h. "A Pontevedra do Alén". Visita guiada e dramatizada ao cemiterio de Santo Amaro dirixida a nenos e familias para coñecer este espazo dun xeito divertido e misterioso.
  • 18:00 h. "A Pontevedra do Alén". Visita guiada e dramatizada ao cemiterio de Santo Amaro dirixida a público adulto para coñecer a historia deste lugar.

Do 29 ao 31 de outubro

  • Degustación do Pan de Ánimas nos establecementos Acuña, Amásame Bakery Lab, Xeve, A Devesa e Solla.

Venres, 31 de outubro

  • 17:00 - 20:30 h. Mercado do Samaín, con música en directo e postos de comida e bebida.
  • 17:00 - 17:45 h e 19:15 - 20:00 h. O Mercado (Espazo O ganapán): Obradoiro de Colares de Zonchos. Para menos maiores de 6 anos acompañados dun adulto. Inscrición previa no correo [email protected] a partir do día 27 de outubro ás 17:00 h.
  • 17:00, 18:00 e 19:00 h. O Mercado (Espazo CREA do Ganapán): Obradoiro de Pantasmas e Disfraces de Ánimas para familias con nenos de 4 anos ou máis. Inscrición previa no correo [email protected] a partir do día 27 de outubro ás 17:00 h.
  • 17:00 - 20:00 h. Obradoiro de Tallado de Calacús. Non require inscrición previa e aberto a todos os públicos.
  • 17:00, 18:00 e 19:00 h. O Mercado (Antigo Bar Praza): Contos de Medo y Arrepíos: “Contos do Candil”. Dirixido a un público familiar. Sen inscrición previa.
  • 17:30 - 19:30 h. O Mercado (Primeira planta): Posto de maquillaxe para participar na Procesión das Ánimas. Para todos os públicos. Sen inscrición previa.
  • 18:00 - 19:00 h. O Mercado (Espazo O ganapán): Obradoiro de cociña: Pan de Ánimas. Dirixido a nenos de 4 a 8 anos. Inscrición previa no correo [email protected] a partir do día 27 de outubro ás 17:00 h.
  • 20:30 h. Procesión das Ánimas polo centro histórico de Pontevedra. A saída será dende o Mercado.
  • 22:00 h. Festa "A Noite dos Calacús" con animación por toda a cidade, coa participación da hostalería pontevedresa.

Orixe e significado do Samaín

Samaín provén da palabra gaélica "Samhain", que significa "fin do verán".

Era o momento no que os celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Tamén coincidía co momento no que as ánimas dos defuntos visitaban os seus fogares e familiares ao longo da noite.

Segundo a tradición, sería un día no que coincidirían os vivos e os mortos e, para que os atopasen, os vivos poñían luces nas súas xanelas que lles orientasen no seu camiño. Inicialmente adoitaban usar nabos e, un tempo despois, impúxose a cabaza.


Tradición do Samaín en Galicia

O Samaín en Galicia celebrouse ata fai trinta anos, época na que se pasou a celebrar o Día de Defuntos o 1 de novembro.

De feito, trátase dunha celebración errónea, porque o Día de Defuntos é o día 2 de novembro e o día 1 é o Día de Todos os Santos. Aínda que quizais a razón sexa que se trata dunha xornada festiva.

Desde hai uns anos está a recuperarse esta tradición celta grazas, entre outras cousas, á tarefa do profesor Rafael López Loureiro, que documentou a galeguidade do Samaín e promoveu o rescate desta festa por toda Galicia.

Empezou por recuperar na súa Cedeira natal a "tradición das caveiras", que se converteu en todo un reclamo turístico.

Pero hai moitos pobos e vilas de Galicia que contan cos seus propios costumes e tradicións de Samaín.


A cabaza, a gran protagonista do Samaín

Non hai Samaín sen cabazas. Porque o costume máis arraigado desta tradición é a elaboración de cabazas "terroríficas". Decóranse con caras que dan medo, colocándolles pequenos paus a modo de dentes e poñendo unha vela dentro da cabaza para escorrentar aos malos espíritos ao longo desa noite.

Pero cada zona ten o seu propio ritual coas cabazas do Samaín en Galicia.

Así, en Quiroga, despois de decorala, consérvase para empregala como máscara no entroido.

En Ribadavia teñen a súa "Noite Meiga", durante a que veciños/as e visitantes ataviados con disfraces "terroríficos" desfilan polo centro histórico da vila.

En Catoira, esa noite sae a "Procesión das caveiras" a percorrer as rúas. Participan nenos e adultos cos seus disfraces aterradores e levan as súas cabazas iluminadas con velas.

Na zona das Rías Baixas, ás cabazas chámanlles "calacús". Así, en Pontevedra celébrase "A noite dos calacús" na que maiores e pequenos decoran os seus "calacús" nun taller e logo colócanos nas xanelas e portas dos edificios da zona vella da cidade para que iluminen a noite.

Samaín en Galicia, noite de disfraces

Outra das tradicións máis populares desta noite de Samaín en Galicia é disfrazarse.

Cal é o motivo? Antigamente en Galicia vestíanse con peles e cabezas de animais para escorrentar as bruxas e os espíritos malignos.

E así chegamos ata hoxe. Mantéñense os disfraces, aínda que con outro tipo de vestimentas, sempre relacionados con situacións terroríficas e, por suposto, mantendo o bo humor e a alegría.

Deste xeito en Galicia, aínda que o verán terminase, aínda nos quedan moita ganas de festa e o Samaín é unha das nosas celebracións máis antigas.